Os nenos e nenas dos colexios de Aldán e Cela reviviron onte unha celebración antiquísima e chea de colorido e música: a festa dos maios, unha celebración coa que se despide o inverno e dase a definitiva benvida á primaveira e ó cada vez más cercano verán. As flores, as xestas e a música volveron a ser as grandes protagonistas nestes dous centros educativos.

No caso de A Espiñeira, os estudiantes recibiron a visita de dalgúsn veciños maiores da parroquia e que lles explicaron como vivían eles a tradición dos maios e axudáronlles a confeccionar os vistosos atuendos florais. Ó mesmo tempo cantaron vellas cancións vencelladas coas festas dos maios e finalmente sairon a desfilar polos arredores do colexio. Previamente, os rapaces e rapazas xa participaran en obradoiros para a confección dos adornos.

Na parroquia de Cela tamén se resisten a que se perda esta fermosa tradición e no colexio de A Torre volveron a celebrar a chegada do maio. Dende primeira hora da mañá, alumnos e mestres adicáronse a preparar dous grandes maios e acabaron cantando ó redor deles.