A praza de Cangas busca imaxe
O colectivo de comerciantes da praza de abastos de Cangas está a poñer en marcha un proceso de revitalización comercial "para facer frente á competencia, cada día máis forte, das grandes áreas comerciais", que arrastran a un número importante de consumidores. Para facerlle frente, os novos responsables da asociación ven de solicitar a implicación da concello na mellora das instalacións, e pretende complementar esta tarefa cunha mellor organización, promocións comerciais e a modernización da imaxe que ofrece ó público.
Neste último obxectivo enmárcase a convocatoria dun concurso de deseño dun logotipo destinado a ser a imaxe representativa da Asociación de Comerciantes da Praza de Abastos de Cangas, ó que poderán concurrir todos os veciños que o desexen e presenten un deseño orixinal e inédito, facilmente identificable en cor ou en branco e negro, e remitido coa máxima resolución posible ó enderezo electrónico prazadecangas@hotmail.com, poñendo no asunto "Concurso logo", ou ben entregándoo en sobre pechado ós conserxes da praza antes do día 20 de maio. O gañador recibirá 300 euros.
Día da nai
Por outra banda, o colectivo tamén pon en marcha unha campaña de promoción das vendas ligada ó "Día da nai", que se celebra o domingo. Así, todas as nais que acudan o sábado pola mañá a mercar á praza recibirán unha planta como agasallo.
Más en Morrazo
-
Los trabajadores de las ambulancias suspenden la huelga al abonar, la Xunta, sus nóminas
-
El mal tiempo obliga a aplazar el homenaje a Luís Davila en Bueu
-
La instalación de un emisario de agua para cría de almeja en la ría de Aldán mantiene en jaque a la cofradía
-
Los trabajadores de la ambulancias de Vigo, Moaña y Cangas suspenden la huelga