Vigo festexa a “alta poesía” de Villalta

Unha marea de actos conmemora na cidade o Día das Letras Galegas

Vigo festexa a “alta poesía” de Villalta

Alba Villar

Un ano máis, a cidade na que “Cantares Gallegos” saiu do prelo no 1863 sumouse a celebración do Día das Letras Galegas reivindicando a nosa lingua e a nosa cultura e tecendo un fío entre Rosalía de Castro e a coruñesa Luísa Villalta, que seguiu o seu “ronsel” coa “alta poesía” de “toda un xeración que innovou e fixo grande a nosa literatura”.

O rexedor Abel Caballero foi o encargado de ler o bando redactado por Anxo Angueira, presidente da Fundación Rosalía de Castro, durante o acto celebrado na Porta do Sol, no que estivo acompañado polo equipo de goberno e non faltou a música tradicional.

 Ana Ortiz. noCEIP Illas Cíes e Luisa Sánchez e Patricia García, en Bouzas.

Actuación na Porta do Sol. / Alba Villar

Aquel soño de Compañel, recorda o texto de Angueira, saiu da imprenta á rúa Real e brincou por todas as rúas e camiños de Galicia e navegou por todos os mares do mundo “onde houbese un corazón marcado pola saudade”. Ese soño de “dignidade para a nosa lingua” é o que celebramos cada 17 de maio. E partiu desde Vigo.

Este ano, a cidade volveu saír á rúa para celebrar con Luísa Villalta “a renovada paixón cívica dun proxecto de liberdade e igualdade”. “Celebramos unha muller escritora que seguiu o ronsel iniciado por aqueloutra muller que, desde Vigo, marcou o rumbo daquel soño, daquela ilusión, daquela esperanza”, concluiu o bando antes de que o rexedor gritase un viva polo Día das Letras.

Tamén a vila de Bouzas sumouse as celebracións cun acto na Alameda que contou coas actuacións de Ardelume de Baíña e as pandereteiras de Atlántida. A esta cita tradicional organizada pola Asociación Cultural Vila de Bouzas asistiron a vicepresidenta da Deputación de Pontevedra, Luisa Sánchez, e a deputada popular Patricia García.

Vigo festexa a “alta poesía” de Villalta

Ana Ortiz, no CEIP Illas Cíes. / FDV

Pola súa parte, a delegada da Xunta en Vigo, Ana Ortiz, e o xefe territorial de Educación, César Pérez Ares, visitaron o xoves o CEIP Illas Cíes para participar nas actividades organizadas polo centro en homenaxe a Luísa Villalta. Os alumnos interpretaron textos da autora, representaron pezas teatrais e tamén cantaron “Oliveira dos Cen Anos”, o novo himno do Celta para o seu centenario.

Vigo festexa a “alta poesía” de Villalta

Luisa Sánchez e Patricia García, en Bouzas. / FDV

Co gallo do Día das Letras, o Museo Liste acolleu unha xornda de portas abertas e unha programación especial que inclui a actividade “Apañando verbas perdidas”, para recoller vocábulos en desuso, un obradoiro infantil sobre Villalta e mesas participativas para reflexionar sobre a nosa riqueza lingüística e literaria.

Ademais a SCD Atlántida de Matamá acolleu un festival coas actuacións da súa banda de gaitas e as súas cantereiras e o festival “Vigo, un mar de corais” tamén rendeu homenaxe a nosa cultura.