UVigo e RAGC celebran un acto “in memoriam” do profesor José Pazos

A Real Academia Galega de Ciencias e a Universidade de Vigo celebran este xoves un acto “in memoriam” do profesor baionés José J. Pazos Arias, falecido en decembro. Era académico numerario da RAGC e catedrático de Enxeñaría Telemática da UVigo. Centrou a súa actividade investigadora no desenvolvemento de tecnoloxías coas que facer un uso eficaz do crecente volume de información xerada e dispoñible en liña, en numerosos dominios de aplicación das TIC.