Merce Alegría presentou en Vigo o seu terceiro libro “Trece Ocas”

Na obra, a autora da forma aos estudos sobre o simbolismo do xogo da oca, que leva investigando dende 2015

Mercè Alegría, na presentación de 'Trece ocas'.

Mercè Alegría, na presentación de 'Trece ocas'. / Cedida

O espazo coperativa Amorada de Vigo albergou este xoves a presentación do terceiro libro da escritora e filósofa Mercè Alegría, 'Trece ocas'.

Nada en Rubí (Barcelona) aínda que afincada desde hai anos en Pontevedra, nos concellos de Pontecaldelas e A Lama, Alegría bota man de Andrés, o protagonista da obra, para dar forma aos estudos sobre o simbolismo do famoso xogo da oca, que leva investigando dende 2015.

A partires desa investigación, a autora desenvolvue diferentes aplicacións prácticas de autocoñecemento, talleres vivenciais e ao aire libre, nos que participan ducias de persoas dende a súa posta en marcha.