O BNG declarará a Vigo como cidade tensionada fronte á suba do alugueiro
Critica que o PP deixou o dereito á vivenda “en mans da especulación”
O BNG declarará Vigo como cidade tensionada da vivenda para frear o “brutal aumento” dos prezos dos alugueiros. Así se comprometeu este martes a candidata e portavoz nacionalista de Vivenda, Alexandra Fernández, quen avanzou tamén as liñas estratéxicas do Bloque para enfrontar un dos principais problemas sociais na cidade, que ten os prezos máis elevados de toda Galicia.
“O PP dinamitou durante 15 anos na Xunta as políticas públicas de vivenda, deixando en mans da especulación este dereito básico”, denunciou Fernández, quen subliñou que “só no último ano os alugueiros incrementaron por volta dun 10% en Vigo, pasando dun prezo medio de 561 euros até os 619 euros actuais, e con aumentos dun 50% na última década”.
Fernández acusou ao PP de Rueda de querer “boicotear” esta medida cunha modificación lexislativa transferindo esta decisión aos concellos, malia que as competencias en vivenda dependen da Xunta.
Temas
Más en Gran Vigo
-
Descarrila el vagón de cola de un tren de mercancías en Guixar
-
Condenado al pago de 5.000 euros un técnico del gas por la agresión sexual a una clienta
-
El BNG llama a “revolucionar” el bus con mejores frecuencias, horarios y billetes más baratos
-
El PP critica al Concello por los retrasos en el pago de ayudas a las asociaciones de vecinos