Entrevista | Antón Vidal Vicevaledor do Cidadán de Vigo

“Vigo é o que é grazas a actividade colectiva da que me sinto parte”

O presidente de Galaxia resalta a Vigo como unha cidade que “fíxose a si mesma”

Antón Vidal.

Antón Vidal. / Iñaki Osorio

Presidente dos Consellos de Administración da Editorial Galaxia e Merlín Comunicacións, entre outros; vicepresidente da Fundación Penzol e da Fundación Otero Pedraio; ao tempo exerce de Vicevaledor do Cidadán de Vigo. A súa contribución á cidade desenvolveuse dende moitos e moi variados ámbitos pero sempre tendo como referente o eido cultural. Por este motivo, o Concello galardoa a Antón Vidal co Vigués Distinguido.

–Como valora este recoñecemento?

– É un orgullo, levo en Vigo dende os 23 anos. O primeiro sería dedicar o galardón a miña familia como grupo humano pero tamén a todo o grupo da Editorial Galaxia e a amigos como Luis Espada, que ambos estivemos no primeiro goberno da Universidade de Vigo. Non tiña nin sede rectoral e nos puxémola en marcha.

–Como recorda estos cambios que se viviron na cidade dende entón?

–Vigo pasou por momentos complicados, toda a reconversión naval e sociosindicais, sen esquecer a reconversión económica. Fun axente activo da resposta da cidade con moita forza a estos cambios. Vigo é o que é grazas a actividade colectiva, fíxose a si mesma. As cidades son o que nos trasladan, un elemento vivo, un reflexo dos grupos culturales, políticos, económicos... e iso é a gran idea de Vigo.

–Este ano a Fundación Penzol cumpriu 60 anos. Que representa para vostede?

–E un gran arquivo para trasladar os máis novos o estudo da historia de Galicia. É un orgullo e tamén unha responsabilidade presidir este grupo sen percibir contribución algunha, pero para min é unha entrega necesaria. Teño, neste aspecto, unha sensación de plenitude humana.

–Hai relevo para outra revolución cultural?

–Si, por supuesto, xa hai xente nova que traballa nela. Xente creativa, pintores, artistas, escritores... Vigo non deixa de ser unha capital literaria,da edición e referente la modernidade de Galicia. Na civdade conviven as máis importantes editoriais e están en constante rleevo. Son positivo neste aspecto, os tempos futuros non van ser peores.

–Sobre a súa figura de Vicevaledor, que pesoectiva lle aportou ou incluso sorprendeu da cidade?

–Levo cerca de 20 anos e para min supuxo unha fiestra aberta á cidade. Vigo é moi complexa socialmente, pola súa ubicación xeográfica e a distribución urbana. Hai moita xente nas parroquias, entendido como concepto clásico galego, danlle unha visión moi diferente os tipos de residentes na cidade, as relacións humanas, porque non todo é urbano. Vigo é un universo en si mesmo. Realmente temos un gran problema xa que non a coñecemos ben e ten unha riqueza extraordinaria. Sobre todo o relativo ós movementos veciñais, o que simbolizan. Sempre houbo unha gran organización e isp inda encalla a día de hoxe en Vigo. Hai moitos planos na cidade e iso otórgalle unha riqueza e unha vitalidade extraordinaria.

Suscríbete para seguir leyendo