Cayetana Alonso, alumna de 6º de Educación Primaria do Colexio San Miguel II de Vigo, foi a gañadora de Grumetes polo futuro do mar, o primeiro concurso de relato infantil en galego organizado polo Grupo Nova Pescanova para conmemorar o 17 de maio, Día das Letras Galegas. A viaxe dunha botella é o conto escrito por Cayetana Alonso, que en forma de poesía explica a travesía polo mar dunha botella reciclable.