Máis de 132.000 alumnos, se sumamos todas as ensinanzas non universitarias (infantil, primaria, secundaria, bacharelato e ciclos formativos) deixan as aulas. Ao facer balance, o delegado provincial de Educación fala de meses "tranquilos, sin grandes incidencias; globalmente estou contento do desenvolvemento do curso, houbo efectivamente problemas diarios coma sempre, pero non grandes incidencias e todo foi con total tranquilidade".

-Que novidades haberá no vindeiro curso?

-Estamos aínda rematando este curso pero sí que temos previstas novidades para o seguinte, fundamentalmente no tema das linguas: a primeira lingua extranxeira vaise impartir desde os 6 años, é dicir desde o primeiro curso de Educación Primaria, se antes comenzaba aos 8 anos, agora será antes; e a segunda lingua estranxeira pasarase a impartir como obrigatoria -antes era optativa- xa en primeiro da ESO, e tamén en segundo.

-Manterase a gratuitade dos libros de texto?

-É algo que xa se consolidou este curso, xa se extendeu a toda a Primaria e Secundaria e lóxicamente polo tanto vaise manter, ademáis incrementarase en torno a un 11 por cento a cantidade media que se lle otorgaba por lote a cada un dos alumnos.

-Medra a poboación escolar estranxeira?

-En Pontevedra está en torno ao 3,5 a porcentaxe de alumnado non español, na provincia son uns 4.500 alumnos. Non teño datos comparativos respecto a outras comunidades pero aquí a poboación inmigrante é pequena, menor que noutras comunidades, e eso tamén se nota nas aulas, nestes dous últimos cursos houbo un incremento do alumnado estranxeiro pero son incrementos pequenos.

-Mellorase no tema do abandono escolar?

-A provincia está máis ou menos nos niveles de Galicia pero o que sí está claro é que se están a facer moitos esforzos neses sentido con dous plans de reforzo como son Proa e Mora, destinados a alumnado con dificultades e problemas de aprendizaxe e, en concreto, o Mora está dirixido a alumnado de cuarto da ESO, repetidor, para intentar que este alumnado, que normalmente abandoaba sin acadar o título, poda acadalo e continuar a súa formación.