Faro de Vigo

Faro de Vigo

Contenido exclusivo para suscriptores digitales

POLÍTICA

Ana Pontón: "Galicia quedará fóra das inversións estratéxicas do futuro coas contas xerais"

“A supresión da peaxe en Redondela é o maior revulsivo para Vigo, pero é insuficiente”

Ana Pontón, o venres camiñando polas rúas de Santiago Xoán Álvarez

Ana Pontón advirte que, de momento, o BNG está lonxe de apoiar os orzamentos estatais para 2021. Denuncia unha nova discriminación de Galicia e reivindica como propio o logro das rebaixas nas peaxes da Autopista do Atlántico (AP-9). Urxe maior autonomía fiscal e política para responder aos desafíos que trae a pandemia.

FICHA PERSONAL
Nada en Sarria en xullo de 1977, Ana Pontón accedeu ao Parlamento galego no ano 2004 logo dunha etapa na cúpula da organización xuvenil Galiza Nova. É licenciada en Ciencias Políticas pola Universidade de Santiago. Foi elixida portavoz nacional do Bloque en 2016 e o pasado xullo liderou a formación no seu mellor resultado histórico: 19 deputados.

–Como percibe a situación actual desde o punto de vista sanitario e socioecónomico?

–A xestión da pandemia ten deficiencias importantes, sobre todo porque os gobernos, particularmente a Xunta, tentaron responsabilizar aos galegos co seu comportamento individual, como se non houbese aspectos que son clave nas decisións políticas. Dá a sensacion de que non aprenderon destes oito meses. Para ter controlada a pandemia precísase reforzar a Atención Primaria, contratar un número de rastrexadores suficiente, capacitar o sistema para facer PCR masivas ou blindar as residencias. Nestes ámbitos hai deficiencias. O obxectivo non pode ser tan curtoplacista como salvar o Nadal, senón como imos protexer a poboación dunha terceira onda. No ámbito económico hai moitas incógnitas. A máis grave é que Feijóo non está traballando para construir un proxecto de país. Un síntoma son os propios orzamentos da Xunta ou a súa actitude sobre os fondos europeos. Se o modelo é que Madrid decida, Galicia vai saír perdendo con esa centralizacion, como sempre.

–Está a favor da harmonización fiscal entre as autonomías? Cre que Madrid practica competencia desleal nese eido, como di ERC?

–Madrid leva moito tempo facendo dumping fiscal polo efecto de capitalidade, pero a Galicia o que lle debe preocupar é que pasa co sistema de financiamento, que é o problema detrás deste debate. Cada vez recibimos menos recursos do Estado. O sistema leva seis anos caducado e hai que reformulalo. Ter a chave dos nosos cartos aquí e non en Madrid é a cuestión clave para poder enfrontar o déficit crónico de financiamento que temos. Moitas veces trátase de manter o discurso de que Galicia non ten capacidade para poder manter os seus servizos públicos cando o noso problema é o centralismo. Defendamos un modelo con capacidade de decisión.

“O Estado aumenta de xeito brutal a inversión e aquí vai reducirse un 11%”

decoration

–Para afrontar ese debate é clave o peso político. Perde relevancia o BNG logo de que o seu voto no Congreso xa non sexa imprescindible para a aprobación dos orzamentos xerais do Estado de 2021?

–O peso do BNG xa se ve nestes orzamentos. Por primeira vez hai un feito histórico: os galegos pagarán menos polas peaxes de AP-9. Ano tras ano sufriamos subas e neste ano, grazas a que o BNG foi determinante no debate de investidura, hai unha partida histórica, que ademais ten unha repercusión moi grande en Vigo. A supresión da peaxe Vigo-Redondela é o maior revulsivo económico que vai ter a cidade nestes últimos tempos. Isto é suficiente? Non. Hai proxectos estratéxicos que merecen máis investimento. Para Vigo propoñemos incrementar 45 millóns as inversións ou que haxa un plan de industrialización de 10 millóns porque sectores como a automoción e o naval están sufrindo unha crise moi importante. O Estado vai incrementar de xeito brutal os orzamentos e en Galicia hai unha diminución do 11%. O PSOE cando nos presentou no 2018 os últimos orzamentos do PP, que eran 932 millóns, dicía que eran raquíticos e evidenciaban a falta de peso político de Feijóo. Como pode ser que dous anos despois uns orzamentos que rebaixan en 104 millóns os investimentos en Galicia do PP sexan magníficos? Neste momento, estámonos a xogar os investimentos da próxima década. Que pasa co Corredor Atlántico de mercadorías? Vaise abrir en breve o proceso de convocatorias e non hai proxectos definitivos. É vergoñento ver como Galicia pode quedar fóra dos deseños estratéxicos do futuro. O BNG traballará en todas as institucións para que nin Galicia nin Vigo queden descolgados das inversións estratéxicas da próxima década.

–Falaba da rebaixa das peaxes. Ten información sobre cando serán efectivas?

–Non podo concretar o prazo, pero o ideal sería poder estrear ano con eses descontos operativos, tendo en conta que os orzamentos se aproban o 3 de decembro.

Ana Pontón, o venres en Santiago Xoán Álvarez

–Que marxe de manobra teñen para conseguir eses obxectivos?

–O noso papel non é dicir amén a todo o que vén de Madrid. Sabemos que o PSOE vai votar a favor e o PP en contra digan o que digan as contas. A marxe que ten Galicia é que nós poñamos sobre a mesa os seus intereses. Preocúpame que PP e PSOE vaian coincidir alternativamente nun deseño no que Galicia queda discriminada. O que debe preocupar é estar nun momento no que as inversións do Estado soben en Cataluña, Valencia, Andalucía entre o 47% e o 68% e aquí se presenta como a octava marabilla unha diminución do 11%. Con argumentos de pata de banco, ademais. Non poden dicir que aquí non hai inversión porque se están acabando as obras do AVE. Entón, por que se incrementan en Andalucía e Cataluña, que levan décadas con AVE?

–Como pretenden presionar para cambiar eses orzamentos se o seu voto non é imprescindible?

–Facendo presión política e dando un debate social. Hai moitos sectores económicos no país que deberan presionar, por exemplo, para que haxa unha implicación real co Corredor Atlántico de mercadorías ou coa saída sur cara Portugal. O Goberno portugués está defendendo máis os intereses de Galicia que Feijóo e Sánchez xuntos. Cando Portugal denuncia que lle tentaron impoñer un deseño centralista no que a prioridade era a conexión con Madrid e non o Eixo Atlántico denuncian, no fondo, o abandono histórico de Galicia. E nin a Xunta ni o Goberno central están facendo nada para poner os intereses de Galicia por diante. O BNG, si. No acordo de investidura, fixemos máis polas solucións do país que o que levan feito PP e PSOE en anos.

“Portugal defende máis os nosos intereses que Feijóo e Sánchez xuntos”

decoration

–Gómez-Reino, de Podemos, di que lle parecería “triste” que o BNG quede fóra do acordo das forzas progresistas e que provocará a súa “irrelevancia”. Que opina?

–Non sei de onde ven esa obsesión co BNG. Aos deputados galegos debería parecerlles triste que os orzamentos do Estado discriminen a Galicia. Non imos permitir nin apoiaremos ningunha discriminación, veña de quen veña.

–Cando decidirán o seu voto?

–Cando se aclare se se aceptan as nosas reclamacións. Hoxe estamos lonxe do “si” e a responsabilidade é de PSOE e Podemos, que presentan unhas contas inaceptables.

–Que haberá máis recursos é evidente, pero levamos 10 anos de anemia orzamentaria que fan que o país teña necesidades moito maiores. O Goberno galego di que hai 100 millóns para que decidan o comité de expertos, o diálogo social e a comisión parlamentaria. Iso supón enterrar a posibilidade dun gran acordo de país, que non pode limitarse ao 1% do orzamentos. Non hai proxecto de país, nin recursos suficientes a corto prazo. En hostelería ou comercio non se plantexa un rescate, senón axudas tardías e insuficientes. Non hai aposta pola industrialización nin pola Atención Primaria, que ten hoxe menos recursos que en 2009. Se actualizásemos a cuantía a euros constantes, os orzamentos terían 1.200 millóns menos que en 2009.

“O centralismo madrileño é como unha aspiradora que absorbe recursos”

decoration

–Critica os orzamentos estatais, pero tamén os da Xunta. Por que?

–No acordo de investidura co PSOE dise que se retomarán as transferencias. Feijóo condiciou a da AP-9 a uns fondos extra que o Goberno non está por ceder. –Esperemos que no próximo ano poida concretarse e que Feijóo non poña paos nas rodas. Foi cómplice de que o PP, con Rajoy e Pastor, boitocase a transferencia. Dáme que Feijoo non quere competencias e se algo deixa claro a crise é que necesitamos máis capacidade para protexer a nosa sociedade e dar respostas ao que necesita. Por exemplo, que vai pasar co fondo COVID europeo? O debate real é se imos aceptar que desde Madrid decidan a distribución de fondos. Iso vai significar que se repita a historia. Cando se centraliza algo, Galicia perde. O centralismo madrileño é como unha aspiradora que absorbe recursos e inversión, e tampouco queremos para que sexa un fondo de rescate das grandes empresas.

–No acordo de investidura co PSOE dise que se retomarán as transferencias. Feijóo condiciou a da AP-9 a uns fondos extra que o Goberno non está por ceder.

–Esperemos que no próximo ano poida concretarse e que Feijóo non poña paos nas rodas. Foi cómplice de que o PP, con Rajoy e Pastor, boitocase a transferencia. Dáme que Feijoo non quere competencias e se algo deixa claro a crise é que necesitamos máis capacidade para protexer a nosa sociedade e dar respostas ao que necesita. Por exemplo, que vai pasar co fondo COVID europeo? O debate real é se imos aceptar que desde Madrid decidan a distribución de fondos. Iso vai significar que se repita a historia. Cando se centraliza algo, Galicia perde. O centralismo madrileño é como unha aspiradora que absorbe recursos e inversión, e tampouco queremos para que sexa un fondo de rescate das grandes empresas.

Compartir el artículo

stats