40 anos da celebración do Día de Galicia
O primeiro día oficial celebrouse o 25 de xullo de 1979 con actos políticos e folclóricos en todo o territorio e unhas 4.000 persoas participaron na primeira manifestación de Unidade Galega
Un decreto da Xunta de Galicia publicado o 1 de xaneiro de 1979 no DOG marcou a festividade do Día de Galicia o 25 de xullo, data en que se vén mantendo nos derradeiros 39 anos. A división política perante o Estatuto pendente de aprobar marcou os primeiros anos da celebración oficial nunha Galicia preautonómica gobernada pola UCD. Conscientes da tensión, os gobernantes facían chamamentos á unidade e tentaban deter as manifestacións convocadas por partidos de esquerdas no casco histórico compostelán.
Durante a década dos setenta, cando o día aínda non era oficial, os actos reivindicativos remataban con fortes enfrontamentos coa policía franquista, polo que, recén estreada a democracia, os gobernantes seguiron prohibindo as manifestacións da AN-PG (Asemblea Nacional-Popular Galega) e do BNPG. Até mediados dos anos oitenta non se permitiu a manifestación do Día da Patria con normalidade democrática.
O 25 de xullo de 1979, primeira celebración oficial do Día de Galicia, a Xunta decidiu non facer acto público oficial para evitar enfrontamentos.O entón presidente do Goberno galego, Xosé Quiroga Suárez, apelaba nesa data á integración.
Dous anos antes da aprobación do Estatuto de Autonomía de Galicia, o máximo mandatario galego solicitaba para Galicia a posibilidade de "se gobernar de seu, naquelas materias culturais, económicas, sociais e políticas que lle son específicas".
O primeiro día oficial de Galicia celebrouse con actos políticos e folclóricos en varios lugares do territorio. A manifestación de Unidade Galega congregábase na Praza da Universidade de Santiago coa participación dunhas catro mil persoas.
Temas
Más en Galicia
-
Un nuevo operativo contra el narcotráfico suma registros en Vilanova, Cambados, Vilagarcía y Ribadumia con cerca de 15 detenidos
-
La Xunta usa 500 millones sin gastar para pagar sueldos y facturas de final de año
-
Emprego abre el diálogo social con la cobertura de vacantes como asunto clave
-
Tráfico vigilará por tierra y aire más de un millón de vehículos en el puente de mayo