Do "Sanjenjo" de Rajoy e a RAE ao "dialecto galego" de Grande-Marlaska
O novo ministro de Interior referiuse así ao galego nunha providencia xudicial
A trepidante actualidade política dos últimos días está a deixar como efecto colateral o estatus que idioma galego ten para algúns representantes de altas institucións. Primeiro, na súa despedida, Mariano Rajoy teimaba en usar o topónimo castelanizado de Sanxenxo e prendía a polémica nas redes sociais. Logo, a Real Academia Española daba o visto e prace á deturpación, con erro ortográfico incluído.
Agora as miras van para o novo ministro de Interior, Fernando Grande-Marlaska. O xuíz da Audiencia Nacional, nunha providencia con data de 2008, referíase á lingua de Galicia como "dialecto galego". Dialecto é unha variante doutro idioma; falta por saber se, ao entender do maxistrado, o galego sería unha variante do castelán ou do portugués, ou se foi un lapsus.
A resolución de Grande-Marlaska, difundida pola conta de Twitter GalizaemRede e recollida en primeira instancia polo diario dixital Sermos Galiza, estaba enmarcada no proceso contra militantes independentistas galegos que, no 2007, queimaron fotos do rei Juan Carlos .
O nomeamento de Grande-Marlaska como ministro do Interior é, quizais, o que máis críticas está a provocar na esquerda do taboleiro político, polo seu papel na loita contra ETA e o entorno abertzale.
Temas
Más en Galicia
-
Cada día cuatro caseros pleitean por echar a sus inquilinos por no pagar el alquiler
-
El “encaje de bolillos” de la nueva FP
-
Una enfermera gallega le explica a una catalana la diferencia entre "Voy" y "Vengo", al más puro estilo 'Barrio Sésamo'
-
Besteiro incita a “reactivar” el PSdeG y pone el foco en captar la atención de los jóvenes