CPR Plurilingüe Andersen Augalonga
O Colexio Andersen procura unha educación integral e afectiva, potenciando entre o seu alumnado o esforzo e o traballo, tanto individual como colectivo
![CPR Plirilingüe Andersen Augalonga](https://estaticos-cdn.prensaiberica.es/clip/21e6265b-df9f-49fb-b090-7ec3d96c4123_16-9-discover-aspect-ratio_default_0.jpg)
CPR Plirilingüe Andersen Augalonga
R. V.
O Colexio Andersen está localizado no lugar de Augalonga, sito na Garrida, na parroquia de Valadares, ao sur do monte Alba e ao norte do monte Galiñeiro, pertencente ao Concello de Vigo. O centro comeza o seu camiñar fronte o Estadio de Balaídos no ano 1969 e, máis tarde, no 1977, construíuse o actual centro en Valadares acolléndose ao Programa de Transformación e Clasificación de Centros. Polo que ao noso proxecto educativo respecta, dicir que os elementos que dan sentido ao noso traballo son a ensinanza para a vida, para a convivencia en sociedade, a ensinanza en valores, a ensinanza democrática e inclusiva, e a ensinanza no respecto ao medio ambiente e aos hábitos de vida saudables. O Colexio Andersen procura unha educación integral e afectiva, potenciando entre o seu alumnado o esforzo e o traballo, tanto individual como colectivo e o uso da biblioteca como espazo vertebrador da aprendizaxe, ademais dunha:
- Educación non sexista, coa igualdade entre homes e mulleres.
- Educación laica, respectuosa coa diversidade cultural, racial, ideolóxica e coas crenzas relixiosas de cada persoa.
- Educación crítica, reflexiva, solidaria, humanizadora, tolerante e participativa.
- Educación Plurilingüe desde Educación Infantil e durante todas as demais etapas educativas (Educación Primaria e ESO).
- Educación aberta ás novas tecnoloxías e ás novas propostas no eido educativo.
Página web: https://colexioandersen.es
Correo electrónico: cpr.andersen.augalonga@edu.xunta.gal
Dirección: Camiño Escola Andersen, 28, A Garrida (Valadares) C.P. 36315, Vigo, Pontevedra.
Teléfono: 986469412.
- Un joven muere en su coche embestido por un Porsche que perseguía la Policía junto a la plaza de abastos de Cangas
- Máxima alerta de la Policía Nacional por el mensaje que está llegando a los móviles de miles de personas
- Una belleza de armas tomar
- “Míchel”, un trabajador del mar que regresaba de la nécora
- Accidente mortal en Cangas
- Un nutricionista desvela qué es lo primero que le quita a los pacientes que quieren adelgazar
- Andrea Janeiro vuelve a España y sorprendente a todos con su cambio físico
- El detenido por el accidente mortal en Cangas, trasladado a los calabozos del cuartel de la Guardia Civil