Un grupo de 157 alumnos e alumnas, residentes nas comarcas galegofalantes do Bierzo e de Sanabria, acompañados de profesorado de 11 dos 19 centros adscritos ao Programa de Promoción da Lingua Galega no Bierzo e en Sanabria remataron a visita de estudos que os trouxo a Galicia para achegarse de primeira man á lingua e a cultura galegas. O secretario xeral de Política Lingüística, Valentín García, recibiunos no peirao de San Adrián de Cobres, onde embarcaron para coñecer a Illa de San Simón.