Faro de Vigo

Faro de Vigo

Contenido exclusivo para suscriptores digitales

Los suplementos de FARO

A ESCOLA DO FAROSamaín e Halloween nas aulas

O colexio Andersen disfruta da convivencia "terrorífica" das dúas festas

O Colexio Andersen, de A Garrida-Valadares, disfrutou dunha terrorífica festa coa celebración conxunta do Samaín e Halloween, onde a culturas e linguas inglesa e galega conviviron ao longo da tarde.

Como xa é costume, tanto os profesores coma o alumnado de Primaria gozaron de diferentes actividades. Á primeira hora, para ir entrando en ambiente, todos xantaron no colexio para despois se acicalar coas galas máis horripilantes. Co medo no corpo todos eles comezaron a pavorosa viaxe a través do Túnel do terror-Haunted Tunnel dende o patio cuberto ata a ludoteca. Todos conseguiron esquivar na máis profunda escuridade as pantasmas, trasnos, morcegos e demos, e soportar os berros das bestas que nel habitan.

Unha vez superado o primeiro obstáculo, comezou a quenda das actividades da ludoteca: obradoiro de máscaras, manualidades-Craft Station, photocall do camposanto-Creepy Photo Booth e maquillaxe-Halloween Make-up, onde todos quixeron volverse aínda máis terroríficos.

Aproveitando o bo tempo tamén houbo actividades ao aire libre, como os bolos pantasmas-Ghost Bowling, encestar nos calacús-Soopky Drop e nos gorros de bruxas-Witch Hat Ring Toss ou traba a mazá-Bobbing for apples.

Xa para rematar a xornada tocoulle a quenda á entrega de premios do concurso de calacús, onde o mellor galardón foi a participación de todos. Como lembranza todos os nenos decoraron unha saqueta por se queren ir coas súas familias de casa en casa xogando a "truco ou trato?-Treack or Treat".

Compartir el artículo

stats