Faro de Vigo

Faro de Vigo

Contenido exclusivo para suscriptores digitales

Diversión terrorífica no San José de A Guarda

O alumnado do Colexio Plurilingüe San José HH. Carmelitas de A Guarda celebrou Samaín e Halloween Os primeiros días fóronse decorando as portas e paredes do centro con motivos feitos polos rapaces e profesores: morcegos, pantasmas, cabazas, bruxas,... unha decoración terrorífica! Ademais celebrouse un gran concurso de cabazas decoradas con motivos máxicos, fantásticos e aterradores, proposta que tivo unha gran acollida. Por outra banda, os cursos de infantil tiveron un espectáculo de sombras chinesas que desfrutaron monstruosamente. E para rematar a xornada entregáronse os premios aos gañadores do concurso de cabazas e todos participamos nun baile onde os esqueletos cobraron vida.

Compartir el artículo

stats