Faro de Vigo

Faro de Vigo

Contenido exclusivo para suscriptores digitales

Museo Científico no Escultor Acuña

Alumnos participantes na experiencia científica no colexio Escultor Acuña de Vigo.

Como funcionan os motores, en que consisten as ilusións ópticas ou como se produce o magnetismo son algunhas das cuestións ás que tenta dar resposta o Museo Científico Itinerante que acolleu o CEIP Escultor Acuña de Vigo, nunha actividade organizada pola ANPA do centro.

Sorpresa, incredulidade ou estrañeza foron algunhas das primeiras impresións mostradas polos escolares de 5º e 6º de Primaria que tiveron a oportunidade de escoitar as explicacións dos monitores e impulsores deste proxecto interactivo, pero tamén de experimentar directamente coas leis da física. Precisamente espertar a curiosidade e aprender experimentando son os obxectivos fundamentais da iniciativa posta en marcha por dous enxeñeiros industriais de Gondomar que tentan facer accesible o coñecemento científico. E para isto utilizan uns 80 obxectos, distribuídos en seis mesas temáticas, que lles permiten mostrar de forma sinxela como a ciencia está presente en cada faceta da vida cotiá.

Compartir el artículo

stats