O Colexio Profesional de Enxeñaría en Informática de Galicia (CPEIG), en colaboración coas tres universidades galegas –Universidade da Coruña (UDC), Universidade de Santiago (USC) e Universidade de Vigo (UVigo)– organizan a Olimpíada Informática Galega 2023 (OIG 2023).

Este evento está destinado a estudantes de secundaria, bacharelato e ciclos formativos de grao medio, e busca promover a vocación informática nas novas xeracións.

O certame celebrarase de xeito presencial o 10 de febreiro, na Facultade de Informática da Universidade da Coruña (coa colaboración da Escola Superior de Enxeñaría en Informática da Universidade de Vigo e da Escola Técnica Superior de Enxeñaría da Universidade de Santiago de Compostela).

Preinscripcións ata o 15 de decembro

A preinscripción é requisito imprescindible para a poder participar, estando aberta a mozos e mozas que estean cursando a ESO, bacharelato ou un ciclo formativo de grao medio nun centro da Comunidade Autónoma de Galicia, sempre que non teñan máis de 20 anos o día 1 de xullo de 2023. 

A competición consta dun conxunto de problemas, xeralmente entre catro e seis. Cada problema deberá resolverse empregando unha linguaxe de programación que permita automatizar a súa resolución. Na OIG permítese o uso de C++, Python ou Java.

A competición en 2022 tivo 17 participantes e o gañador galego, Óscar Carballo, conseguiu medalla de bronce na olimpíada española

Cada problema describirá un escenario onde os participantes deberán desenvolver un programa que o resolva, o que require coñecementos de deseño correcto e eficiente de algoritmos. Os participantes poderán adestrar antes da competición inscribíndose nos adestramentos organizados polo comité pedagóxico da OIE, coa colaboración de antigos participantes da olimpíada e profesores de distintas universidades (inscrición).

A partir desta olimpiada, poderánse seleccionar dous representantes galegos para participar na XXVII Olimpíada Informática Española (OIE), que se celebrará en marzo do de 2023 en Madrid, mentres que o resto de participantes mellor clasificados na olimpíada galega tamén recibirán premios.

De aí, os gañadores poderán acceder á Olimpíada Informática Internacional, que se celebrará en agosto/setembro de 2023 en Hungría.

O gañador galego da edición do 2022, Óscar Carballo, conseguiu medalla de bronce na olimpíada española