No final de curso, moitos profesores aproveitan para deixar mensaxes de despedida nas notas dos nenos e nenas, coa intención de que disfruten ao máximo das vacacións e motivalos para afrontar con ilusión os seguintes pasos.

Moitos falan de recompensas aos esforzos dos meses pasados, como no CPR Possumus, que recordan que “a vida é unha aventura, non unha viaxe organizada. En cada curso suceden moitas cousas inesperadas, pero xuntos as superamos sempre. Todo esforzo ten a súa recompensa, e esta é a vosa”. 

Así, falando sobre os contratempos que viviron no curso, moitas destas notas de despedida quixeron destacar o bo comportamento do alumando tras a pandemia. Como comentan as mestras do CPR San Fernando: “Tras un curso no que parecía que a pandemia nos perseguiría para sempre, vimos como, por fin, as restricciones caeron unha unha. Por iso vale a pena o esforzo.” Esforzo e moita ilusión por abandonar estas medidas: “Esperamos que estes días sexan os últimos de entradas escalonadas, que podamos xogar todos xuntos nos patios: adeus aos grupos burbulla, por favor!”.

Un sentimento que tamén gritan dende o CEIP San Salvador, que se refire á retirada das máscaras coma un premio final. Porque, ao fin e ao cabo, este verán chega despois de “dous cursos atípicos, onde pasiño a pasiño fomos avanzando e superando pequenos outeiros”.

Hai sitio tamén para a emotividade, como a que desprenden as profesoras do CEIP A Carballeira: “Queremos pedirvos unha cousa: que nunca esquezades ser nenos e nenas. Que sexades moi felices, abride as ás e a voar ben alto.” 

A despedida dos alumnos do CEIP San Salvador a todos os lectores. Cedida

As orientadoras do Colexio Monterrey tratan de enfocar a despedida nun plano moito máis grande. Non é un adeus, é un ola ao resto da nosa vida: “Un ano máis, un curso máis, entre todos imos construindo a nosa historia”. Dende o Padre Míguez Calasancias tamén recordan aos estudantes que “pouco a pouco estamos conseguido todo o que nos propusimos, compartindo grandes momentos e outros non tan bos, pero aprendendo sempre. Somos un gran equipo. Ánimo, campións, recordade sempre: cre en ti e todo será posible”.

E para que non esquezan nunca a importancia da confianza, no colexio Bouza Brey preparan diplomas cos méritos de cada neno e nena durante o curso, que entregan nunha festa de despedida con merenda para as familias e actuacións.

Pero as despedidas non son só para eles, xa que moitos pasan de curso e cambiarán de titora. Neste centro, Cristina, mestra de primeiro, preparou unha carta para todos os seus alumnos “porque aínda que xa non estaremos xuntos o próximo ano, sabede que sempre poderedes contar comigo para o que precisedes”.

Porque as vacacións tamén chegan para os mestres. Como recordan dende o CPR Virxe Milagrosa: “Xa estamos no medio do caos de notas, evaluacións e portafolios! Xa toca pechar un curso do que quedo cos “good morning teacher” dos meus alumnos á hora de entrada e que cargan as pilas cando a xornada preséntase intensa. Quedo coas vosas conversacións nos patios que me fan volver aos dez anos e coas que me sinto unha máis da vosa panda”.

E para rematar, un poema de despedida escrito, esta vez, polos alumnos. Adicado aos seus compañeiros e profesores, a clase de segundo curso do centro San Miguel desexa unhas felices vacacións: 

“Parecía que sí/ parecía que no /pero el final del curso ya llegó /El verano ya está aquí / mucho me voy a divertir/ En este curso / Yo aprendí / a ser mejor de lo que fui. / Me llevo amigos, aventuras / y hasta algunas travesuras / Disfruta, descansa y carga pilas / porque septiembre está a la vuelta de la esquina.”

Feliz verán!