Inspirouse na súa avoa. En concreto, nas anécdotas e nos recordos da súa infancia. Lucía Castrillo, alumna do IES Soutomaior, creou así o relato oral "Noite de rolda", co que acaba de ser galardoada co segundo premio de Educación Secundaria Obrigatoria (ESO) do Certame de relato oral "Tíralle da Lingua", organizado pola Asociación Socio-Pedagóxica Galega.