Se tiveses que apostar por cal destas dúas palabras non aparece no dicionario da Real Academia Galega, ¿que dirías, bochecha ou weltanschauung? Así presentado, seguro que te decatas de que a pregunta ten trampa, pero aplicando o sentido común, nun primeiro momento poucos dirían que a palabra de orixe alemán está recollida no léxico galego como o están orballo, morriña ou bolboreta.

Segundo a entrada da Academia, o termo ten un significado filosófico similar ao orixinal e que se refire ao "xeito de concibir o mundo e a vida".

Dicionario de galego

O xeito na que se pronuncia a palabra tampouco soa demasiado galega: ['vɛltanʃawŋ] é a súa transcripción fonética que se pode escoitar na web da RAG. Afondando un pouco máis na orixe, trátase dunha expresión introducida polo filósofo Wilhelm Dilthey, membro da escola hermenéutica.

As palabras máis buscadas no dicionario da Real Academia Galega

Soviet, afouteza e cobezón son as tres palabras más buscadas do dicionario da RAG concretamente na semana na que se celebrou o Día das Letras Galegas. De feito, tamén resulta chamativo que soviet se meta recurrentemente entre os termos máis procurados.