Marta, Eva e Luisa, científicas CSIC: "Guiádevos sempre polos vosos gustos"

Colexios conectados por Zoom nas charlas desta mañá impartidas por científicas.
Que barreiras percibistes na vosa traxectoria? Cal é o descubrimento máis importante na historia da ciencia para vós? Son algunhas das preguntas formuladas polo alumnado de máis de 100 aulas de centros de Primaria e Secundaria nas charlas “Ciencia en Feminino” organizadas por Faro da Escola, o proxecto de xornalismo escolar de FARO DE VIGO, e a Unidade de Divulgación Científica de CSIC-Galicia.
Co gallo da conmemoración do Día Internacional da Muller e da Nena na Ciencia 2021 FARO DE VIGO ofreceu esta mañá aos centros participantes no proxecto FARO DA ESCOLA charlas de mulleres científicas que exercen o seu oficio na actualidade e que explicaron como foi o camiño para chegar ao posto que ocupan na actualidade. Marta López Cabo e Eva Balsa-Canto do Instituto de Investigacións Mariñas (IIM) do Consello Superior de Investigacións Científicas (CSIC) explicaron ao alumnado asistente a través da plataforma Zoom e da Canle de Youtube o que lles gustaba facer e estudiar de nenas, como foi a elección da carreira, as estancias no estranxeiro e como coordinan na actualidade a súa vida familiar coa laboral. As charlas foron moderadas por Luisa Martínez, responsable da Unidade de Cultura Científica do CSIC en Galicia e tamén científica, que falou da sua experiencia na oceanografía.
Son moitas as causas de desigualdade existente no mundo científico entre homes e mulleres e, sen dúbida, a falta de referentes é unha delas. Neste encontro virtual Marta e Eva intentaron contar con naturalidade como foi a súa carreira e como é a súa vida de científicas, precisamente para contribuír a solucionar esa falta de referentes femininas. O director do xornal FARO DE VIGO, Rogelio Garrido, animou a nenas e nenos a estudar a carreira que lles guste e reivindicou o compromiso do xornal de acurtar as desigualdades entre homes e mulleres. (Información ampliada no xornal de mañá, venres día 19).
- Una camarera tras probar de la botella que abrasó al empresario Pablo González: «Esto no es agua»
- El trago de agua que casi acaba con la vida de Pablo González: «En segundos noté que me quemaba vivo por dentro»
- Última hora en Galicia: sin luz al menos hasta la noche en una jornada de caos total en la comunidad
- «Tosí, él dijo ‘aquí no era’ y siguió pinchando; no me avisó de los riesgos»
- Ratifican la condena a un fisioterapeuta que perforó los pulmones a una paciente por una «evidente» mala praxis en la punción con agujas
- El cirujano Diego González Rivas sorprende a Alba Carrillo con este menú gallego: «Debería ser patrimonio de la Humanidad»
- Carmen quedó parapléjica en el hospital de Ourense a los dos días de una cirugía de rodilla: «No quiero vivir así»
- Parte de la millonaria indemnización por la caída de una losa salió del bolsillo de los dueños del edificio