FARO DA ESCOLA
Nomes de famosas científicas nos colexios
Centros educativos preparan o Día da Muller e a Nena na Ciencia, que se celebra o día 11. No CEIP García Barbón cada clase traballou a historia dunha muller importante na ciencia e tamén realizaron experimentos

Científicas famosas
M. Rodríguez
Blanca Catalán de Ocón foi a primeira botánica española. Nada en Zaragoza no 1860 realizou un herbario con plantas da zona de Albarracín, moitas delas descoñecidas. Inmaculada Paz Andrade (Pontevedra, 1928) consta como a primeira muller catedrática de Física da Universidade de Santiago e converteuse nunha referencia mundial en Microcalorimetría, Termoxénese e Análise Teórico Diferencial. Christine Dardeu (Estados Unidos, 1942), matemática, analista de datos e enxeñeira aeronáutica, destacou polo estudo de voos supersónicos na NASA. Todas elas mulleres, científicas, e pouco coñecidas para o conxunto da sociedade.
Son algúns dos nomes cos que traballa o alumnado do CEIP García Barbón para preparar o Día Internacional da Muller e da Nena na Ciencia, que se celebra cada ano o día 11 deste mes. “Cada grupo fixo unha presentación dunha muller importante no mundo científico e un experimento. Con cada un deses traballos xeramos un Código QR que está exposto no patio e no mural principal do instituto. De maneira que calquera que pase, un docente, ou os pais, se enfocan co seu móbil os códigos QR poden ver os traballos realizados por cada clase para esta celebración”, expresa Jesús Somoza, mestre no García Barbón.
Emilie du Châtelet, Valentina Tereshkova, Mae Jemison, Hedy Lamarr, Eunice Newton, Margarita Salas, Dorothy Vaughan ou Mary Jackson son outros nomes de mulleres científicas que o alumnado do García Barbón coñece estes días. Un colorido mural no cole fala das raíces da ciencia e nel tamén se fai referencia ao traballo do alumnado. En canto aos experimentos, que tiveron que facer? “Unha clase preparou un bólido voador, por exemplo, noutra traballaron a textura da lúa (todos estes experimentos están vinculados a temas que están estudando na clase)”, apunta Somoza. Tamén traballaron coa célula, cos volcáns, coas cores das flores...
Todo o colexio se viste estes días coas cores da ciencia,nunha proposta moi visual tanto para o alumnado como para o profesorado e a comunidade educativa en xeral que visita o centro.
Son moitos os centros que preparan algo especial para este Día Internacional da Muller e da Nena na Ciencia, proclamado no 2015 pola Asamblea Xeral das Nacións Unidas co fin de lograr o acceso e a participación plena e equitativa na ciencia para as mulleres e as nenas.

Raíces da ciencia no CEIP García Barbón
- Una camarera tras probar de la botella que abrasó al empresario Pablo González: «Esto no es agua»
- El trago de agua que casi acaba con la vida de Pablo González: «En segundos noté que me quemaba vivo por dentro»
- Última hora en Galicia: sin luz al menos hasta la noche en una jornada de caos total en la comunidad
- «Tosí, él dijo ‘aquí no era’ y siguió pinchando; no me avisó de los riesgos»
- Ratifican la condena a un fisioterapeuta que perforó los pulmones a una paciente por una «evidente» mala praxis en la punción con agujas
- El cirujano Diego González Rivas sorprende a Alba Carrillo con este menú gallego: «Debería ser patrimonio de la Humanidad»
- Carmen quedó parapléjica en el hospital de Ourense a los dos días de una cirugía de rodilla: «No quiero vivir así»
- Parte de la millonaria indemnización por la caída de una losa salió del bolsillo de los dueños del edificio