Neste colexio de Sigüeiro intercambian presentacións, traballos e postais con escolares de máis de 15 países. É a través dos proxectos eTwinning nos que participan. No número anterior deste suplemento (FARO EDUCA) fixemos unha reportaxe contando a experiencia deste centro educativo no campo da aprendizaxe de idiomas. Ao alumnado de Sigüeiro encantoulle verse no xornal; así nolo fixeron saber a través da súa profesora Tamara Carreira e enviáronnos fotos co suplemento educativo como mostra de agradecemento.

GRAZAS!!!

Máis alumnos.

Alumna co suplemento.

Outra alumna co xornal.

Máis fotos