Experiencia innovadora
Maker Faire Galicia: o concurso dos escornabots
Robótica: os centros envían pezas ao Cafi para formar un kit de programación viaxeiro

Pezas para o escornabot. / Cafi
Acabamos de celebrar a competición dos Escornabots que chamamos ‘Escornathon’, no marco da ‘Maker Faire Galicia 2020’. Os Escornabots sométense a un reto conxunto pensado entre os participantes da ‘Maker Faire Galicia’: o alumnado, os docentes e a comunidade maker para formar un kit de programación viaxeiro.
Os participantes tiveron que crear as súas propias pezas. Os pasos foron os seguintes: copiar a peza básica da programación analóxica do Escornabot, modificar a peza creando unha “nova programación” do Escornabot, publicar a peza modificada en Tinkercad, imprimir a peza en calquera cor e realizar un envío a Aula Nova do CAFI Galicia (Centro Autonómico de Formación e Innovación), centro de formación e recursos dependente da Consellería de Educación.
Dende Aula Nova queremos dar as grazas a todos os participantes no Escornathon, tanto os docentes galegos, alumnado e tamén aos makers, vos sodes os grandes protagonistas e unha parte moi especial deste singular reto. As vosas pezas teñen moito valor e representan as vosas interpretacións persoais para guiar ao Escornabot.
Queremos dar tamén as grazas aos padriños do reto Pablo Rubio e Xoan Sampaíño polo seu bo facer e polo apoio constante, son dous magníficos makers que levan o nome do robotiño moi lonxe. Tiveron unha tarefa difícil dada a gran calidade, orixinalidade e cantidade de pezas presentadas a concurso (máis de 60).
Concederon catro premios: mellor peza do aolumnado, mellor peza do profesorado, mellor peza 'maker' e mellor peza inclusiva
O IES Politécnico de Vigo prestouse á impresión 3D de pezas para a creación dos kits
Agradecemos tamén o traballo de impresión de pezas 3D de Escornabot doadas para os kits dende o Departamento de Mantemento do IES Politécnico de Vigo, o noso recoñecemento para os seus docentes e alumnado colaborador.
Reunido virtualmente o xurado do reto, Pablo Rubio e Xoan Sampaíño, facemos pública a súa resolución:
- Premio para a mellor peza do alumnado dotado cunha cámara de acción Go Pro, un kit completo de Escornabot Singularis (electrónica e pezas 3D) e placa conmemorativa para as pezas da Clase Roja de Nuestra Señora de Lourdes de A Coruña. O xurado destaca o seu sentido didáctico para a súa aplicación posterior e o traballo en grupo no deseño e significado das pezas.

Peza ganadora, premio alumnado.
- Premio para a mellor peza do profesorado dotado cunha cámara 360 Ricoh Tetha, un kit completo de Escornabot Singularis (electrónica e pezas 3D) e placa conmemorativa para a peza Xiros de Marcos Febrero. O xurado destaca a versatilidade da peza e o esforzo do deseño para conseguir o xiro do eixo e da frecha.

Premio mellor peza do profesorado. / Cafi
- Premio para a mellor peza do maker dotado con 4 Kits completos de Escornabot Singularis (electrónica e pezas 3D) e placa conmemorativa para a peza Escornatintón de Rafa Couto. O xurado destaca a posibilidade de combinación de posicións do elemento central e o coidado deseño da peza.

Premio mellor peza Maker. / Cafi
- Accésit a mellor peza inclusiva dotado cun kit completo de Escornabot Singularis (electrónica e pezas 3D) e placa conmemorativa para Rosa Garrido. O xurado recoñece o gran traballo inclusivo do xogo presentado sendo unha alternativa cando non se ten impresora 3D e alumnado con deficiencia visual.

Premio mellor peza inclusiva
- Un iceberg 11 veces más grande que Vigo atraviesa un caladero gallego y amenaza con impactar contra las Georgias del Sur
- Agrio final judicial para la camarera de Vigo que se encontró el bar cerrado tras 10 días de baja
- Primeras palabras de 'El Cordobés' sobre la separación de Virginia Troconis: 'Ahora estoy con...
- Muere el icónico presentador Xosé Manuel Piñeiro
- De ganar el bote de Pasapalabra a ocupar un alto cargo en el Ministerio de Interior
- Conmoción en la Policía Local de Vigo: «Se nos ha ido la sonrisa eterna»
- Detectados seis casos de cáncer de cérvix en el área sanitaria tras testar a más de 22.000 mujeres
- Hallan el cadáver del joven desaparecido en Silleda