Se algo ten claro o profesorado galego é que cada Plan que elabora a nosa Administración Educativa supón moito esforzo e que a maioría das veces soe rematar en burocracia pura e dura e sen resultados académicos efectivos. Intentar facer unha copia das aulas presenciais nos domicilios dos nosos alumnos é unha falacia, nin a cobertura dixital de Galicia permite una conectividade eficiente, nin os domicilios galegos dispoñen de múltiples equipos informáticos que permitan a teledocencia ao tempo que moitos proxenitores teletraballan, non se dispón tampouco nas nosas vivendas de espazos adecuados que permitan traballar simultaneamente en condicións adecuadas e sen interferencias.

  • Como en el “cole”, pero desde casa

    El plan de la Xunta de enseñanza virtual si hay cierre de aulas, centros o encierros regirá desde 3º de primaria

O pasado día 2 de novembro, logo de case oito meses do comezo do confinamento en Galicia, Educación presentou o seu Plan para “blindar os valores do sistema educativo galego, como son a calidade e a equidade”.

Os equipos docentes veñen sufrindo dende o comezo do curso a improvisación e a falta de consideración por parte dos responsables do ensino público en Galicia. Organizaron aulas, grupos e instalacións, xestionaron e solventaron as numerosas dificultades en cada centro mentres; desde a Consellería, un día chegaban unhas instrucións que ao día seguinte quedaban obsoletas, unas contradicían outras, cada consellería ía por libre, Sanidade por un lado, Educación polo outro, un CAOS. É por tanto necesario denunciar que este Plan non fai outra cousa que desdeñar os esforzos e o traballo tanto presencial coma dixital realizados ata agora pola comunidade educativa.

Durante os citados oito meses, os docentes desempeñaron o seu labor con profesionalidade e adaptándose ás circunstancias, adicando tempo, esforzos e medios propios para manter aos seus alumnos formados e activos nas diferentes materias

Pensamos desde ANPE que o prazo de sete días marcado pola Administración Educativa Galega para a adaptación dos docentes ás ferramentas institucionais resulta totalmente insuficiente. Durante os citados oito meses, os docentes desempeñaron o seu labor con profesionalidade e adaptándose ás circunstancias, adicando tempo, esforzos e medios propios para manter aos seus alumnos formados e activos nas diferentes materias.

Xa está ben! Como representantes dos docentes solicitamos á Administración un tempo adecuado para poder realizar todo o traballo que supón o proceso de adaptación, que se permita, alomenos durante este difícil curso para todos, o emprego daquelas ferramentas e materiais dixitais que en cada centro foron consideradas máis válidas e que non veña ahora a Administración desmontar o arduo traballo realizado desde fai meses polo profesorado e polos equipos directivos adicando moito tempo, esforzo e dedicación.

O sistema educativo equitativo e de calidade do que fala o Plan ten a súa base nos esforzos que cada día fan os docentes galegos, profesionais e abertos ás novas tecnoloxías. É xusto por tanto esixir dos responsables de pilotar o Ensino Galego ante todo respecto polo traballo realizado, que se acheguen solucións e posibilidades antes que imposicións e negativas.

ANPE esixe a modificación deste plan, dignificando a profesión docente e esixindo que sexan os profesionais e non os políticos os que xestionen, neste complicado momento, o que nas aulas debe acontecer para ofrecer unha ensinanza equitativa e de calidade.

Falando concretamente do profesorado atopamos que o que está habituado a manexar Edixgal ou aulas virtuais poderá irse defendendo ante este reto co que nos atopamos, o resto con tan pouco tempo de preparación e con tanta descoordinación e improvisación tampouco pode facer milagres vendo aínda así unha grande implicación dos docentes que se atopan sobrepasados e agotados coas viravoltas dunha administración descoordinada e sen rumbo concreto.

Desde fai meses seguen improvisando, desde ANPE, levamos reclamando día sí, día tamén, unha folla de ruta coherente e clara que nos leve a implantación dunha teledocencia eficaz, equilibrada e amoldada a una realidade que as autoridades educativas non queren ver. Esiximos un teletraballo regulado tal e como esixe o EBEP (Estatuto do Empregado Público) que establece que o teletraballo é a modalidade de prestación de servizos a distancia fóra das dependencias da Administración, mediante uso de tecnoloxías da información e comunicación, que terá carácter voluntario e reversible agás en supostos excepcionais que será obxecto de negociación colectica sendo a Administración a que proporcione os medios técnolóxicos necesarios para realizar a súa actividade…ningunha destas premisas se cumpriron por parte da Administración Educativa Galega.