Arte: exposicións
Na persistencia do círculo
A obra de Monika Molenda en Apo'strophe
A obra da artista polaca Monika Molenda (Zamosc, 1976) é presentada por primeira vez entre nós na sala Apo’strophe arte de Vigo e pode visitarse até o 16 de maio. Koło, o título escollido pola autora, é unha palabra polaca que ten dous significados: círculo, entendido como forma xeométrica, e, ao mesmo tempo tamén expresa a idea de proximidade con valor adverbial, o sentido de “perto de”.En conxunto, a mostra permite o achegamento aos dous eixos que balizan o traballo da creadora, que na actualidade reside en Galicia: un primeiro como recoñecida medallista e un segundo con traballos escultóricos de cerna máis conceptual.
No ambito da medallística, a artista conta con colaboracións en prestixiosas casas de moeda de Europa alén de representar o seu país en encontros especializados e ser gañadora de premios en concursos internacionais como o atinxido en 2006 co tema “Budapest 1956”.
!["Koło", unha exposición de Monika Molenda en Apo'strophe](https://estaticos-cdn.prensaiberica.es/clip/ecc3b51e-67e9-4475-a29e-21cace5ce24d_media-libre-aspect-ratio_default_0.jpg)
"Koło", unha exposición de Monika Molenda en Apo'strophe / Elías Regueira
Esta actividade, se cadra pouco coñecida na actualidade e que tivo momentos de esplendor na Antigüidade clásica e no Renacemento, ten unha longuísima tradición e toma forma en baixorrelevos dunha enorme precisión técnica. A escultora consegue nesta faceta unha notábel firmeza e vigor nos retratos e un equilibrio nas composicións cun gusto marcado pola precisión no pormenor e un virtuosismo manifesto, como se pode ver en obra como Dolce Madonna, un ámbito que na exposición podemos enxergar seguindo todo o proceso de creación até o resultado final da medalla rematada.
A segunda faceta da súa obra está presente de forma documental na exposición e nunha fermosa peza intitulada Siła w jedności (“Forza na unidade”) onde a circularidade, que é ben perceptíbel no traballo medallístico e que dá título á exposición, adopta un sentido cosmolóxico. Os traballos documentados: Barricada (2011), Telescopio (2012), Sargadelos (2020) e Vida (2022) foron realizados os dous primeiros en Polonia e os últimos en Galicia.
Un aspecto que articula estes traballos é o de presentar unha arte en que a escultura e/ou a intervención específica expresa un repensar as complexas ligazóns en que actúa o persoal e o social, que desenmascara os procesos de mitificación e presenta procesos de ligazón de sutileza e poeticidade. O traballo da artista permite que o resultado teña auténtico valor e incidencia social, cómpre non esquecer que a imaxe, calquera imaxe artistica,debe propender para a excelencia visual, debe ir encamiñada á reflexión sobre as linguaxes, un aspecto que ten que ter un papel central, en especial cando se pretende facer unha eficaz crítica dos procesos sociais e culturais, históricos e do noso presente. Este aspecto é especialmente perceptíbel en Barricada, obra pública realizada en Varsovia, un monumento que lembra as barricadas de setembro de 1939 ao inicio da Segunda Guerra Mundial. É unha intervención realizada na mesma rúa onde se ergueron as barricadas para resistir a invasión nazi na capital polaca. O monumento consta de dúas placas cunha descrición do acontecido e estas placas están conectadas por unha liña vermella incrustada de beirrarúa, silando o lugar en que estaba a barricada. O outro elemento é o muro orixinal, onde se sinalaron sutilmente algúns impactos de proxectil. Este feito lémbranos o anuncio publicitario que se pode aínda ver na viguesa Porta do Sol, testemuño do levantamento fascista de 1936, tamén furado por proxectís pero que segue a pasar desapercibido, necesitado dunha reformulación que o faga parte activa da nosa memoria.
- Título: Koło.
- Artista: Monika Molenda.
- Local: Apo’strophe arte, Praza Elíptica, Vigo.
- Até o 16 de maio
Suscríbete para seguir leyendo
- Máxima alerta de la Policía Nacional por el mensaje que está llegando a los móviles de miles de personas
- Una belleza de armas tomar
- Un nutricionista desvela qué es lo primero que le quita a los pacientes que quieren adelgazar
- Uno de los dos tripulantes gallegos desaparecidos sobrevivió al secuestro del atunero Alakrana del 2009
- El abandono no entiende de razas ni de dinero: mascotas que valen miles de euros llegan a A Madroa
- Condenan a dos años y medio de prisión al maquinista del Alvia y al exdirector de Seguridad de ADIF por el accidente de Angrois
- La familia del vigués que murió tras el concierto de Karol G anuncia denuncia: 'No hubo forcejeo ni pelea
- Mujer de más de 45 y sola busca ayuda