Faro de Vigo

Faro de Vigo

Contenido exclusivo para suscriptores digitales

“Unha historia de verdade”

En clave interactiva

“Unha historia de verdade”

Unha avoa, profesora de Historia na Universidade, responde ao requirimento da neta que quere escoitar “unha historia de verdade” de modo que, como facía Xerezade en As mil e unha noites, vai debullando o conto da primeira volta ao mundo en barco e que ten a personaxes como Juan Sebastian Elcano, Fernão de Magalhãaes ou Juan de Cartagena, entre outros, enrolados nas naos que os levarían polo océano Atlántico ata as costas de Brasil e as Molucas. A viaxe longa e complicada convértese nunha travesía na que deben sortear todo tipo de contratempos que teñen que ver coas condicións de traballo, coa difícil convivencia interpersoal, cos ataques internos e externos e co desexo de impoñer vontades alí onde a ignorancia e/ou a desesperación tentan botar áncoras.

A historia ficcionada por Joseba Sarrionandia permite ao lector mozo, e tamén aos adultos, comprender uns acontecementos pasados que ollados coa perspectiva que dá o tempo supoñen unha análise singular da época, do modo de vida, da forma de actuar e pensar e do sistema económico-social das primeiras décadas da Idade Moderna.

Pola súa parte, o esquema narrativo pregunta-resposta elixido polo vasco actualiza a temática ao incorporar a visión e o parecer das dúas interlocutoras que achegan á conversa o coñecemento e as ganas de saber nunha comuñón perfecta que fai interesante a narración e atractiva a recepción dun texto que desbarata discursos e explicacións acerca dun retallo da nosa historia.

A proposta plástica a cargo de Ares, Arístides Hernández Guerrero, interpreta a conversa en clave interactiva achegando imaxes sorprendentes nas que o detalle cobra valor que amplifican e enriquecen a narración.

  • UNHA VOLTA AO MUNDO (2023)

    Joseba Sarrionandía ,(Ils. Ares)
    Pontevedra, Kalandraka, PVP. 17,10€

Compartir el artículo

stats