Exquisita orixinalidade
Cos primores da prosa

Detalle da portada de "O paseo".
Estro Montaña
Membro dunha familia que coñeceu os psiquiátricos, Robert Walser (1878-1956) naceu en Biel, no cantón de Berna no que se supón que é o espazo literario de O paseo, narración a todas luces peculiar, poética e dunha orixinalidade exquisita. En 1905 chegou a Berlín, de onde volvería a pé en 1913. Catro anos despois publicou este relato, un dos máis emblemáticos dunha obra narrativa admirada por Kafka, Thomas Mann ou Benjamin, pero que tardaría en ser coñecida por un público amplo.
Cunha prosa primorosa e manierista, sen argumento preciso nin intriga, conta o libro os pasos do escritor que abandona o seu cuarto para facer unha longa andaina por unha cidade e pola natureza próxima. Con tal motivo vai rexistrando as súas impresións con humor, inocencia, de xeito vivaz, con alegría e distancia. O narrador é practicamente o único personaxe e ao seu redor transcorre a vida con escenas insignificantes, fragmentada, e el da conta das súas impresións, positivas para a xente común e nada eloxiosa para os detentadores do poder nin para certos avances da civilización (empregados de banca, funcionarios, empresarios calvinistas embrutecedores do espírito, coches ruidosos…). Ao se introducir no bosque, este protagonista ensimesmado respira gozoso. Como no Ulises, o tempo concéntrase nun día; e a metáfora do camiño como espello da vida está contada con perspectivas anovadoras, oscilando o relato entre a melancolía e o entusiasmo.
Robert Walser é hoxe un escritor en lingua alemá de culto en Suíza, malia non ter unha obra moi extensa e pasar os últimos vinte anos de vida nun centro psiquiátrico, alleo á creación literaria.
Suscríbete para seguir leyendo
- El afloramiento de aguas profundas por el viento de nordés «congela» a los bañistas de las playas de la ría de Vigo
- Adiós a los conciertos de verano en los chiringuitos de Vigo
- Los chapuzones sin salir de casa se vuelven cada vez más habituales en Vigo: «Ya estamos dando plazos para el año que viene para construir piscinas»
- Vigo entra en prealerta por sequía, con recomendaciones y varios usos prohibidos: «Tenemos agua para cinco meses»
- Trasladado grave un niño de dos años tras quedar atrapado en una valla de la guardería de Carril
- Portugal da luz verde a la acuicultura del futuro con su primera macrogranja de peces en alta mar
- La calle más poblada de Vigo tendrá en primavera un gran «macroparque»: puesta la primera piedra de la obra
- De acogida de refugiados a hospedaje laboral en Sanxenxo: «Podríamos llenar otros tres hoteles más»