Faro de Vigo

Faro de Vigo

Contenido exclusivo para suscriptores digitales

Macrotexto poético

Arredor de Delgado Gurriarán

Detalle da portada.

Miro Villar achégase ao escritor valdeorrés no ano 1996 grazas ao profesor Xesús Alonso Montero. Anos máis tarde en 2006 escribe un longo artigo ‘O macrotexto poético en galego de Florencio Delgado Gurriarán’ publicado na revista Raigame e no ano 2022 volta recuncar na figura deste persoeiro cando o Plenario da RAG, revisada a proposta do devandito profesor, de Rosario Álvarez e Ramón Villares Paz e oída a sociedade valdeorresa, decide dedicarlle o Día das Letras Galegas, facendo xustiza a un dos poetas máis significativos da nosa literatura da emigración e do exilio cuxa obra ‘reverdeceu en América’ ao lado doutros nomes como Luís Seoane, Lorenzo Varela, Emilio Pita ou Ramón Rey Baltar.

Que a obra de Florencio Delgado Gurriarán constitúe un macrotexto poético propio é unha idea practicamente aceptada por estudosos e lectores que se teñen achegado aos seus libros: a ampla temática que aborda, a linguaxe cotiá que emprega, o dominio das técnicas versificadoras que exhibe e a capacidade léxica que amosa nas súas composición permite caracterizar o traballo literario do avogado como unha mostra sobranceira posta ao servizo do galeguismo e do compromiso coa Terra, pese á desigual repercusión que a súa obra gozou entre os seus coetáneos.

O percorrido que realiza o ceense comeza cunha síntese biográfica do poeta que o leva dende o Córgomo natal ata puntos da xeografía peninsular onde se vai formando e conformando ideoloxicamente ata a fuxida a México e os retornos temporais que realiza cando as circunstancias llelo permiten. Séguelle unha breve alusión a súa Xeración, prosegue coa análise da súa obra onde referencia os primeiros poemas, logo analiza Bebedeira, Galicia infinda, Cantarenas e O soño do guieiro.

O autor dedícalle, en fin, unhas páxinas ao compromiso de Florencio coa lingua e ponlle fin nunha breve Coda na que recolle a esencia do seu legado no que advertimos un afectuoso recoñecemento.

Portada.

VILLAR, Miro, Florencio Delgado Gurriarán. Vida e obra dun poeta no exilio mexicano, Xerais,Vigo 2022, PVP. 24,23€

Compartir el artículo

stats