Faro de Vigo

Faro de Vigo

Contenido exclusivo para suscriptores digitales

Actualizando o relato

Unha das poucas licenzas que se toma o guionista para conectar coas novas xeracións e a «evolución» do bullying é a de actualizar o relato, incluíndo smartphones e redes sociais, elementos que, pola grande inclusión no noso día a día, permiten o acoso de forma anónima, constante e moi intrusiva.

Iñaki Zubizarreta chegou a ser xogador de elite durante varios anos na liga profesional de baloncesto ACB. Durante os últimos tempadas colaborou con eles e con outras organizacións dando aulas didácticas en colexios e institutos sobre o acoso escolar. Nelas fala de pevención, cómo ver os sinais, enfrontamento e posibles secuelas, e pretende concienciar a pais, alumnos e profesores. Segundo os datos do Ministerio de Educación do pasado ano, o acoso escolar aumentou nos últimos tempos. Esperemos que esta novela gráfica, cun claro carácter didáctico, se convirta nunha referencia no ámbito escolar e sexa unha ferramenta máis, xunto con outras moitas, para loitar contra este problema, moito máis presenta nas aulas do que se cre.

Polo momento, a produtora galega EP Audiovisual, baixo a tutela de Martín Vázquez, está a traballar en realizar unha adaptación ao cinema que dará máis visibilidade ao tema.

Compartir el artículo

stats