Poderoso alento épico
Na vertixe da incerteza

Poderoso alento épico
Román Raña
No prólogo do libro de Carlos Da Aira (Elgoibar, Euskadi, 1972) Prender os fachos, compoñer os ósos, XXXIV Premio de Poesía Cidade de Ourense, Claudio Rodríguez Fer infórmanos que o seu autor é simbiótico, pois naceu extramuros do noso país, mais retornou á aldea de Nanín, en Allariz. Tamén a súa poesía hibridiza o rural co urbano, o rexistro escrito culto coa oralidade. De feito o noso escritor participou en recitais poético-musicais aquén e alén das nosas fronteiras.
Desde a primeira peza do volume percibimos un poderoso alento épico. Non para evocar outras idades ou resucitar heroicidades pretéritas, mais para fustigar a sensibilidade do lector coa forza do furacán do seu verbo (que case esixe unha lectura en voz alta) para poder arroupar o misterio de definir un canastro e ver nel un aleph onde o tempo e o espazo se plurifican, se bifurcan cincelando un país caleidoscópico onde todo converxe: "Un canastro é/unha caixa de música/dentro dunha caixa de Schrödinger".
Estamos diante dun vigor, dunha enerxía, que pode resumirse noutro nome, contundencia: "Quizais non o saibas, pero un cancro de pleura ten forma ondulada e/unha textura esvaradía como a ollada perdida das viúvas". A dureza das imaxes reflicte acedamente o interior lacerado do artista: "un mapa de Chernóbil no coiro cabeludo". Porque na súa ánima bate con forza a infinita indignación perante unha realidade insá, inxusta. E isto resulta insoportábel. Así, atopamos versos dunha violenta erudición: "Tanto nos ten xa se as noites son/de pedra ou estreladas", isto é, hai que escoller entre a insurxencia ou o conformismo. O creador (moitas veces baixo a máscara dun "eu" feminino) opta, de firme, pola lírica comprometida: "incontables estratexias para nomear/cada unha das loitas que nos restan por librar,/cada un dos motivos polos que as debemos gañar".
Cando lemos o poema, como a caixa de Schrödinger, sentimos a vertixe concéntrica da incerteza, da confusión ou da totalidade. As tres iluminadas por unha incendiaria afouteza.
DA AIRA, Carlos, Prender os fachos, compoñer os ósos, Espiral Maior, A Coruña, 2020, PVP. 13 ?
Suscríbete para seguir leyendo
- China navega en un mundo aparte: pesca 20 toneladas más por cada una que pierde la flota española
- La jueza archiva la causa de la botella de agua que quemó a un cliente en un restaurante de Vigo: «Es decepcionante»
- Desbloquean las cesáreas humanizadas en el hospital Álvaro Cunqueiro tras un año paralizadas y prevén retomarlas en mayo
- Herida grave una niña de 10 años tras precipitarse desde el balcón de su casa en Vigo
- Silabario abre un nuevo restaurante en un hotel histórico de Vigo: «Va a ser un concepto más divertido y asequible»
- Papá y mamá te acompañan
- Una exempleada de Hormigones Valle Miñor acepta dos años de cárcel por apropiarse de 100.000 euros a la empresa de Nigrán
- Dejar un trabajo fijo para dedicarse a la docencia: «Me arrepiento de no haberlo hecho antes»