Faro de Vigo

Faro de Vigo

Contenido exclusivo para suscriptores digitales

O socialdarwinismo

No momento da publicación d' A orixe das especies (1859) a burguesía apropiouse da teoría darwinista, sobre todo grazas aos traballos de Spencer, por unha razón principal: ao non precisar da intervención creadora de Deus, as desigualdades sociais, que teñen unha orixe histórica -a explotación das diferenzas naturais en beneficio dunha minoría que se beneficia desas diferenzas-, preséntanse como consecuencia da evolución, que como resultado da 'loita pola supervivencia' coloca a cada quen no lugar que lle corresponde pola súa natureza. En definitiva: o socialdarwinismo satisfai un dos obxectivos estratéxicos da nova clase dominante, a burguesía: naturalizar as relacións sociais.

Así, fundindo nun mesmo discurso a 'loita polo supervivencia do máis apto' -que non selección natural-, e a herdanza dos trazos intelectuais e morais, lográbase asociar a situación de cada individuo ás súas condicións biolóxicas e a súa capacidade de supervivencia, á marxe das condicións sociais e históricas que o puidesen limitar. Neste sentido, as desigualdades son consecuencia da natureza humana, non do devir histórico.

Co paso do tempo, aquel socialdarwinismo vitoriano foise adaptando as novas circunstancias históricas, dando lugar ao innatismo, a sociobioloxía e outras formas de determinismo biolóxico.

Compartir el artículo

stats