Faro de Vigo

Faro de Vigo

Contenido exclusivo para suscriptores digitales

A verdade xudicial sobre a fusión de NovaCaixaGalicia

Reitrada de un cartel de CaixaGalicia

Nun recente auto da Audiencia Nacional do pasado 1 de outubro asegúrase que Caixanova, o Concello de Vigo e toda a cidadanía viguesa tiñan razón en opoñerse á fusión das caixas: “Caixanova nunca habría sido intervenida si no se hubiera visto obligada a fusionarse con Caixa Galicia, dando lugar a NovaCaixaGalicia”. O auto asegura que a fusión se impuxo a Caixanova, e que se fixo por “la situación financiera en la que se encontraba Caixa Galicia, la caja nacida en A Coruña antes de la fusión. Caixanova nunca habría sido intervenida si no se hubiera visto obligada a fusionarse con Caixa Galicia, dando lugar a NCG”.

  • 50 palabras que sacan de la sombra a Caixa Galicia

    La Audiencia Nacional evidencia la falsa historia de que la fusión forzada con Caixanova buscaba una caja única y era solvente

O asunto chegou á Audiencia Nacional por unha denuncia do FROB á cúpula de Caixanova pola hipotética responsabilidade penal incorrida nas perdas ocasionadas no proxecto dunha urbanización de luxo con porto deportivo nos terreos de Massó en Cangas. A sala mediante auto declárase incompetente porque non aprecia vinculación entre esa operación fracasada e a quebra de NovaCaixaGalicia. Pola contra atribúe a intervención polo FROB á fusión imposta polo Goberno galego para salvar a caixa do norte. A sala apóiase nos documentos achegados polo Banco de España (BE) que admitían a supervivencia de Caixanova en solitario. Pero a Xunta de Galicia impuxo a fusión a sabendas do risco de quebra que carrexaba: a caixa do norte era dúas veces e media o tamaño da caixa do sur. E o seu enorme buraco patrimonial devoraba con fartura os fondos propios positivos achegados por Caixanova.

Fusión cajas gallegas Ricardo Grobas

O presidente Feijóo e a súa conselleira Marta Fernández Currás empregáronse a fondo. Mediante unha reforma na Lei de Caixas pretenderon cesar a toda a cúpula de Caixanova, contraria á fusión. En especial adiantaron a idade de xubilación para cesar a Julio Gayoso. Enfrontáronse ao Goberno de Zapatero e ao Banco de España, que desaconsellaban a fusión. Mesmo solicitaron unha auditoria a KPMG, que segue secreta, para certificar que a caixa resultante sería solvente. Algúns dos titulares que concedeu o presidente e o seu Goberno son estes: “Non pactarei que non sexa a fusión co Goberno”, “Feijóo exige al Gobierno otro interlocutor para las cajas”

“Facenda pide un informe jurídico para avalar el cese de Gayoso”, “La Xunta muestra su irritación con el Gobierno tras otro fracaso negociador”, “Feijóo insta a las cajas gallegas a decidir ahora la fusión y estar a la altura”.

decoration

O Goberno central e o BE eran partidarios dun S.I. P., acrónimo de ‘Sistema Institucional de Protección’, unha fusión fría con caixas doutras comunidades autónomas, que aínda con dificultades, tamén poderían sobrevivir á crise do ladrillo: tratábase de non solaparse, de buscar masa crítica e sinerxias. Pola contra, a fusión coa caixa do norte duplicaría os mesmos clientes, duplicaría sucursais, algunhas na mesma beirarrúa, duplicaría o persoal e abocaría a un enorme despedimento de traballadores. E o que é máis importante, a caixa do sur non era o suficientemente grande para servir de flotador á caixa do norte, vixiada desde 2007 polo Banco de España debido ás súas arriscadas prácticas por expandirse financiando ao ladrillo. Vigo botouse á rúa para defender á súa caixa nunha xigantesca manifestación convocada polo alcalde. Os economistas vigueses botámonos as mans á cabeza, pero todo foi en balde.

  • Galicia, un mercado dominado por cinco bancos

    La absorción del Popular-Pastor empuja al Santander al segundo lugar tras Abanca, pese a cerrar 49 oficinas en 2018. En 2008 había 42 bancos y cajas en la región, hoy son 21

As elites financeiras e mediáticas da Coruña, alertadas polo director xeral de Caixa Galicia da súa quebra inminente, impuxeron o seu criterio. Os afíns a Caixa Galicia, mesmo vigueses, tales como socios ilustres de Pescanova ou Víctor Moro mentíronnos e avalaron a viabilidade da fusión. Desde un xornal do norte da comunidade acusáronnos de localistas, de non ter visión de país e de colocarnos extramuros dos intereses de Galicia. Eu mesmo fun atacado aqueles días nunha noticia na súa páxina 2: “Personas relacionadas con Caixanova están promoviendo un manifiesto anti fusión. La nueva iniciativa está comandada por el asesor fiscal Antón Beiras Cal, emparentado con el ex portavoz nacional del BNG Xosé Manuel Beiras y autor de una carta abierta a Núñez Feijóo que sirve ahora de manifiesto”.

Incluso o Bloque Nacionalista Galego tamén apoiou a fusión coa ridícula tese de que a caixa resultante sería “o cerne dunha futura banca pública galega”. O BNG ten a teima persecutoria de servir pastas de manteiga nas súas reunións do consello de dirección, enfornadas con po de tetra-hidro-cannabinol. Cegos de marihuana confundiron unha caixa de aforros cun banco público. E conste que para saír do agravio só necesitaban ler o artigo 1 dos estatutos de Caixanova: “Artículo 1. La caja es una institución social, de naturaleza fundacional, de carácter privado”. Para descualificar a Caixanova, o seu dirixente Paco Jorquera publicou: “Os directivos non poden converter as caixas nas súas leiras”. E o portavoz nacional do BNG, Guillerme Vázquez, reivindicou “o dereito da comunidade galega a dispor dun gran ente financeiro público”. A fusión consumouse o 14 de setembro de 2011. Un ano despois os galegos non tiñan nin banca pública nin banca privada: os galegos tiñamos bancarrota.

  • La Audiencia Nacional culpa a Caixa Galicia del rescate del FROB a la “fusión obligada”

    “Caixanova nunca habría sido intervenida”, destacan los jueces, que achacan la inyección del organismo a “la situación económico-financiera” de la entidad coruñesa

Así é: un ano despois, o Estado, a través do FROB, tivo que intervir a NCG. O fondo de rescate tivo que inxectar 9.052 millóns de euros antes de venderlla a Banesco, propiedade de Juan Carlos Escotet, quen a bautizou como Abanca. Só recuperáronse 1.000 millóns de euros do rescate.

Agora o presidente Feijóo volve mentir e sinala ao Banco de España como único responsable: (a sentenza) enmenda a plana ao Banco de España, que dixo que había que fusionala por criterios de solvencia”, ou tamén: “Se o Banco de España non actuou de forma correcta, non o sei”.

E cando non ataca ao Banco de España, ataca a sentenza da Audiencia Nacional: “Sorpréndenos moito que unha sentenza no ámbito penal fale das solvencias das caixas”.

O caso é que con este enguedello o Parlamento de Galicia quere reactivar a comisión de investigación sobre a fusión. E o portavoz parlamentario do presidente Feijóo, Pedro Puy Fraga afirma sen despeitearse que “la ciudadanía ya tiene mucha información sobre la fusión de las cajas”. E eu dígome que seguramente será por iso polo que seguen ocultando a auditoría de KPMG, dez anos despois.

O presidente Feijóo desposuíu aos galegos do sur dunha caixa para tentar salvar a caixa do norte e agora está atrapado nun bucle. E mentres negue esa realidade non sairá do bucle nin entenderá algunha anomalía sociolóxica, como a de por que a cidadanía de centro e de dereitas en Vigo vota masivamente ao alcalde Caballero. E mentres non salga dese bucle reducirá ao Partido Popular de Vigo aos seus catro concelleiros.

Compartir el artículo

stats