Este establecemento sito no Polígono Industrial Lalín 2000 dispón dun amplo catálogo de estufas e produtos relacionados coa calefacción. Otero Lalín dispón tamén do material de construcción necesario para levar a cabo unha reforma integral do fogar, e prestan servizo tanto a profesionais como a particulares. Dende o pasado mes de outubro botaron a andar unha nova sección con máis de 700 metros cadrados de exposición adicados a ferretería.

Unha das grandes vantaxes desta empresa lalinense e que a diferencia con respecto a outras, é que contan con servizo a domicilio e dispoñen dun camión grúa para levar a cabo este cometido.

En Otero Lalín un pode atopar todo tipo de material de construcción, calefacción -incluídos sistemas de pellets e de leña-, electricidade, fontanería e ferretería.