Dende 1967 celebrando a pesca de río

A cita gastronómica máis famosa de Ponte Caldelas terá lugar o sábado e o domingo» Enchemos os pratos da mellor troita

Con maio chega o bo tempo, e con el o bó comer. Non podía ser mellor momento para inaugurar unha nova Edición da Festa Gastronómica de exaltación da troita, en Ponte Caldelas.

Esta mesma fin de semana, os días 25 e 26, os astistentes terán dúas xornadas para disfrutar non só da degustación de troita que terá lugar no stand da Alameda, senón tamén de distintos actos lúdicos e de ocio programados para a ocasión: unha Festa declarada de Interese Turístico de Galicia.

Dende 1967, en Ponte Caldelas saborean esta cita a última fin de semana de maio. Unha celebración que naceu como iniciativa dun grupo de amigos para promocionar a localidade e dar saída á principal afición da comarca: a pesca de río.  

Neste evento gastronómico “a troita vai nadando, viaxando polos pobos” e, dende Rebordelo ata Regodobargo, remata coa festa grande en Ponte Caldelas, unha vila que, sen dúbida, é absoluta profesional á hora de preparar os pratos con este produto tan especial.

A pesca é a protagonista desta Festa.

A pesca é a protagonista desta Festa. / Cedida

Programa de actividades

Aínda que a actividade máis importante neste caso é comer, algúns dos actos programados inclúen concursos e música. 

Así, os actos comezarán maña sábado 25 a partir das 08.30 horas, cunha celebración matutina do Concurso Sénior e Veterano de Pesca Deportiva, que reúne a pescadores chegados de toda Galicia e que aproveitan a situación excepcional e as boas augas do Río Verdugo para competir polos preciados trofeos.

A partir de 17.30 horas, terán lugar las exhibicións de baile local, entre as que atopamos diferentes grupos ocupando distintas franxas horarias. 

Mentres, será ás 19.00 horas cando o stand de degustación de troitas abrirá por fin para o público e, entre prato e prato, comezará o Festival de Corais Festa da Troita.

Para rematar a tarde, ás 20.00 horas dará inicio a terceira edición do Troita Folk, un certame, impulsado por Os Coribantes en colaboración co Concello, no que participarán o grupo de baile AC Xiada de A Pobra do Caramiñal e o grupo de baile anfitrión, Os Coribantes de Ponte Caldelas.

Chegamos á noite, onde a partires das 23.00 horas haberá verbena da man das formacións La Ocaband e Tic Tac.

A música tamén se celebra nesta Festa da Troita.

A música tamén se celebra nesta Festa da Troita. / Cedida

Pola súa banda, a xornada do domingo comenzará ás 09.00 horas coa celebración, de novo, do Concurso de Pesca, esta vez dando espazo ás categorías Femenino, Xuvenil e Infantil.

Depois, dende ás 12.00 horas abrirá de novo o stand degustación de troita (que o fará tamén durante a tarde, a partires das 19:00h) onde a comida estará amenizada por diferentes pasarrúas da man da Banda de Música Artística de Arcade.

Por fin, ás 13.00 horas tenrá lugar a entrega de trofeos do Campeonato de Pesca, nas súas diferentes modalidades.

E tras a entrega dos galardóns, ás 13:30 celebraremos a Festa cun concerto de, de novo, a Banda de Música Artística de Arcade, esta vez na Alameda.

Pola tarde despedimos a xornada e a cita ata o ano que ven coa derradeira exhibición do Troita Folk. Desta vez, ás 19:00 horas, é o turno dos cantos de taberna de la agrupación Cantanascroas de Salcedo e de Madialeva, chegados desde Meis.

Pechamos a fin de semana con este festival gratuito que busca divulgar a música tradicional galega no municipio, aproveitando estas datas tan saborosas.