MOVE, a nova plataforma de comercio local, nace da man da Deputación de Pontevedra para darlle vida ao rural da provincia

MOVE desenvólvese dentro do proxecto “Da túa man” para que os comerciantes e hostaleiros adheridos a este proxecto poidan estreitar vínculos con provedores e produtores locais, así como para reivindicar a importancia de comprar local

MOVE é unha plataforma en liña na que hostaleiros e comerciantes poderán estreitar vínculos cos provedores e produtores locais.

MOVE é unha plataforma en liña na que hostaleiros e comerciantes poderán estreitar vínculos cos provedores e produtores locais. / Deputación de Pontevedra

O proxecto Da túa man, da Deputación de Pontevedra, ten como obxectivo adaptar o pequeno comercio do rural da provincia aos novos hábitos de consumo da sociedade actual, especialmente marcados pola dixitalización e as novas tecnoloxías. Ademais, busca resaltar a importancia de consumir de forma local, así como destacar a calidade e sustentabilidade dos produtos quilómetro 0.

Este proxecto xorde para que factores como a fenda dixital ou a dispersión xeográfica non sexan un freo para o desenvolvemento dos concellos do rural, implantando o uso das novas tecnoloxías, melloras no acondicionamento dos espazos comerciais e levando a cabo prácticas que promoven a economía circular.

Carniceria

MOVE tamén será a rede que permitirá a estes comerciantes e hostaleiros darlle visibilidade aos seus comercios, contar a súa historia e, así, conectar ca veciñanza destas localidades. / Cedida

Concretamente, dentro da iniciativa Da túa man rural, estas accións céntranse nos seguintes once concellos rurais con menos de 5.000 habitantes: A Guarda, A Illa de Arousa, Catoira, Covelo, Crecente, Fornelos de Montes, Moraña, Oia, Pazos de Borbén, Portas e Vilaboa.

Unha novidade que se está a desenvolver dentro desta iniciativa é MOVE, unha plataforma en liña na que hostaleiros e comerciantes poderán estreitar vínculos cos provedores e produtores locais. Esta plataforma tamén favorecerá aos consumidores, que poderán descubrir a variada oferta de produtos de alta calidade que se atopa nos comercios de proximidade.

A plataforma tamén favorecerá aos consumidores, que poderán descubrir a variada oferta de produtos de alta calidade que se atopa nos comercios de proximidade.

A plataforma tamén favorecerá aos consumidores, que poderán descubrir a variada oferta de produtos de alta calidade que se atopa nos comercios de proximidade. / Deputación de Pontevedra

MOVE tamén será a rede que permitirá a estes comerciantes e hostaleiros darlle visibilidade aos seus comercios, contar a súa historia e, así, conectar ca veciñanza destas localidades. Desta forma, MOVE será un escaparate que proporcionará unha experiencia de compra diferente e emocionante para o consumidor. Así, con esta plataforma tamén se busca manter viva a cultura e identidade destes municipios de Pontevedra.

Grazas a MOVE, establecer relacións comerciais e xerar novas oportunidades de negocio será moito máis sinxelo. Ademais, estes novos vínculos comerciais axudarán a favorecer a economía circular, así como a conseguir unha maior rendibilidade para os negocios.

En MOVE aproveitarán a visibilidade que proporciona o universo dixital, ademais de aprender a usar ferramentas dixitais e novas estratexias comerciais. Así, a través de ferramentas como as videoexperiencias, poderán compartir as boas prácticas e reiterar o valor do local, dándose a coñecer dun xeito viral.

A través de proxectos como Da túa man rural e plataformas como MOVE, a Deputación de Pontevedra estalle a dar ao rural da provincia a visibilidade que precisaba. Grazas a iniciativas como esta, propíciase o consumo e axúdase a revitalizar a economía local, a atraer novos visitantes, así como a favorecer a empregabilidade e a permanencia da veciñanza no territorio.