Unha década fomentando a nosa Historia

Combarro engalánase para celebrar a décima edición do Día de Colón

“O navegante máis famoso era de Poio”

Edicións anteriores da festa do Día de Colón, en Combarro

Edicións anteriores da festa do Día de Colón, en Combarro / Concello de Poio

O Concello de Poio recupera a celebración do Día de Colón, xa prevista para outubro do ano pasado pero que foi cancelada por mal tempo. Con esta décima dición retómase tras cinco anos sen celebrarse.

Deste xeito, a festa medieval desenvolverase hoxe venres 10 e mañá sábado 11 en Combarro, en colaboración coas asociacións Combrus, Leucoíña e Vides Novas. Todo cun obxectivo principal: difundir e afianzar a teoría da identidade galega do navegante.

Dúas xornadas adicadas á Historia

Combarro prepárase para acoller a celebración da décima edición do Día de Colón. As condicións son inmellorables: un entorno idílico na vila mariñeira, coas rúas decoradas para retroceder ata o Medievo, e a posta en marcha dunha extensa programación lúdica e festiva para toda a familia: mercado artesanal, animación nas rúas durante todo o día, teatro e bailes medievais, concertos, tiro con arco e esgrima antiga, xusta medieval...

Edicións anteriores da festa do Día de Colón, en Combarro.

Edicións anteriores da festa do Día de Colón, en Combarro. / Concello de Poio

O alcalde, Ángel Moldes, animou a visitantes e veciños a gozar de toda a programación, e recordou que o Día de Colón sempre contou cun grande éxito de participación tanto os propios días, como nos preparativos: establecementos, veciños e colectivos están totalmente involucrados na festa, decorando as súas casas e negocios, ensaiando os bailes medievais, e perfectamente ataviados coas súas roupas. 

Animación nas rúas, teatro e bailes medievais, concertos, esgrima antiga...

A décima edición da festa presentouse na sede de Turismo Rías Baixas, da man do presidente provincial, Luis López, que enumerou os principais atractivos desta celebración que cumpre dez anos. “Celébrase nun lugar de luxo como Combarro, dos máis fermosos do mundo; celébrase mirando ao mar, ese gran atractivo que identifica e define o noso destino; e celébrase en compañía da nosa xente, chegados de moitos puntos da nosa provincia”, afirmou o presidente.

Ademais, a través desta festa levan xa dez anos conmemorando que o navegante máis famoso do mundo era da nosa provincia, de Poio e de Portosanto; unha década fomentando a nosa historia e cultura mariñeira; e unha década exaltando a nosa cultura, o noso medio natural, a gastronomía e estilo de vida.

O DIA DE COLON EN COMBARRO, POIO.

O DIA DE COLON EN COMBARRO, POIO. / Gustavo Santos

O programa de actividades

A lectura do pregón hoxe venres correrá a cargo de Ramón Pedras Lorda “Petete”, unha das primeiras persoas que xestou a idea do Día de Colón.

A festa, como en edicións anteriores, contará cunha programación diversa pero adicada enteiramente a época das caravelas.

Hoxe ás 17:30h, na Praza do Portosanto e Praza da Chousa terá lugar a apertura do mercado artesanal. A partires das 18h diferentes artistas percorrerán as rúas con música e trucos, co espectáculo itinerante “A min a garda!” a e media e os xograres que pasearán por Combarro dende as 19h.

A catvada tamén participa no Día de Colón.

A catvada tamén participa no Día de Colón. / Gustavo Santos

As 20:30h chega a Nao Santa María con Colón e a súa tripulación, acompañados de músicos e outros artistas, dando lugar ao comezo oficial da festa coa lectura do pregón e a obra teatral “Para Lavar Colón” ás 21:45h.

Mañá sábado o mercado artesanal permanecerá aberto dende as 11h da mañá, con diferentes obradoiros demostrativos e, durante todo o día, actividades para os máis cativos, bailes, tiro con arco e xustas para vivir a xornada como unha verdadeira vila medieval.