Ponteareas, a capital internacional da arte efémera

As alfombras florais de Corpus son o sinal de identidade dunha vila emprazada entre ríos, montes, praias fluviais, miradoiros e sendeiros

Tapices florais e chuvia de pétalos cobren as rúas do centro de Ponteareas o día de Corpus Christi, un espectáculo para os cinco sentidos.

Tapices florais e chuvia de pétalos cobren as rúas do centro de Ponteareas o día de Corpus Christi, un espectáculo para os cinco sentidos. / D.P.

Sobran os motivos para visitar Ponteareas, pero, sen dúbida, hai unha festividade que marca a axenda da vila e que é obrigatorio vivir, polo menos, unha vez na vida. Esta é a festa de Corpus Christi, na que as rúas da vila énchense de cor e arrecendo a flor recen cortada. Unha arte efémera que converte a Ponteareas nun referente internacional en alfombrismo.

O Corpus Christi de Ponteareas é moito máis que unha festa, é un sentimento colectivo de colaboración para crear verdadeiras obras de arte que se perciben polos cinco sentidos.

Máis de vinte alfombras florais enchen un quilómetro de rúas do casco urbano o domingo de Corpus, logo de semanas de preparación. Porque a festa non só se vive un día do mes de xuño, senón que se sinte durante máis dun mes nas rúas e portais da vila, onde grupos interxeneracionais de veciños e veciñas esfollan e preparan as flores e restos vexetais que se empregan na elaboración dos diferentes tapices.

Tapices florais e chuvia de pétalos cobren as rúas do centro de Ponteareas o día de Corpus Christi, un espectáculo para os cinco sentidos.

Tapices florais e chuvia de pétalos cobren as rúas do centro de Ponteareas o día de Corpus Christi, un espectáculo para os cinco sentidos. / D.P.

Máis de vinte alfombras florais engalanan un quilómetro de rúas con diferentes formas e colores

Recreacións de escenas relixiosas, naturais e xeométricas sorprenden aos visitantes que na mañá do domingo de Corpus acoden a Ponteareas para vivir en primeira persoa este espectáculo que se intensifica coa chegada da procesión. A emoción síntese co son dos pés pisando as flores e as follas, o aroma que emerxe do chan, os pétalos que caen desde os balcóns acariñando á xente, o bater dos tambores e o lixeiro rumor do público presente.

Por todo iso, esta cita ponteareá conta desde fai anos co distintivo de Festa de Interese Internacional. Pero o Corpus Christi é moito máis que unha festa, é un sinal de identidade de Ponteareas e da súa xente; unha tradición que os veciños e veciñas souberon manter ao longo dos anos e que exportan fóra das fronteiras da vila, emprazada nunha ubicación privilexiada, na comarca do Condado, onde non falta unha natureza diversa, entre ríos, bosques, praias fluviais, miradoiros e sendeiros.

[object Object]

Ponteareas é verde e diversa, é patrimonio cultural, é música e é gastronomía. Son varias as pontes, muíños, cruceiros e sendeiros os que se poden visitar na vila do Tea. Tamén o castro de Troña, un dos lugares con máis historia de Ponteareas; trinta construcións castrexas de todos os tipos, declarado Ben de Interese Cultural.

Outro elemento turístico no que perderse é o Castelo de Sobroso, da época medieval, un antigo refuxio e lugar de reclusión para algunha das figuras máis importantes da historia galega, con vistas panorámicas e un interior completamente musealizado.

E, coma boa vila galega, a gastronomía é o seu buque insigniña. Para os máis larpeiros, Ponteareas ten a súa propia marca de rosquillas. Tamén ten unha variedade autóctona de pementos, os pementos de Guláns; e, tampouco pode faltar a lamprea, un peixe prehistórico que se captura no río Tea seguindo as mesas técnicas tradicionais que empregaban os romanos.