A Deputación pon o foco nas necesidades do rural de Pontevedra reactivando o seu comercio local a través do proxecto «Da túa man»

Con esta iniciativa búscase fortalecer a actividade de sectores estratéxicos da provincia, consolidando o comercio de proximidade, impulsando as economías locais e xerando postos de traballo de calidade

O obxectivo do proxecto “Da túa man” é visibilizar e modernizar o pequeno comercio local para adaptar o rural pontevedrés.

O obxectivo do proxecto “Da túa man” é visibilizar e modernizar o pequeno comercio local para adaptar o rural pontevedrés. / Deputación de Pontevedra

Nos últimos anos, a sociedade avanzou a pasos axigantados cara uns novos hábitos de consumo, dos que destaca o uso das novas tecnoloxías e a dixitalización. Neste sentido, o obxectivo do proxecto “Da túa man” é visibilizar e modernizar o pequeno comercio local para adaptar o rural pontevedrés a esta nova realidade.

Este xorde para dar resposta ás necesidades dalgúns municipios rurais de menos de 5.000 habitantes, onde factores como a dispersión xeográfica, a falta de relevo xeracional no comercio ou a fenda dixital afectaron ao seu desenvolvemento. Concretamente, levaranse a cabo actuacións referidas á transformación dixital e do punto de venda, sustentabilidade e economía circular, subministración, sensibilización e formación. 

A execución deste proxecto centrarase nestes 11 municipios da provincia: A Guarda, A Illa de Arousa, Catoira, Covelo, Crecente, Fornelos de Montes, Moraña, Oia, Pazos de Borbén, Portas e Vilaboa.

A campaña aproveita as potencialidades dos produtos locais, culturais e turísticos destes municipios, favorecendo tanto a empregabilidade, como as visitas a estas localidades e a permanencia da veciñanza.

A campaña aproveita as potencialidades dos produtos locais, culturais e turísticos destes municipios, favorecendo tanto a empregabilidade, como as visitas a estas localidades e a permanencia da veciñanza. / Deputación de Pontevedra

Así mesmo, preténdese crear vínculos entre toda a cadea de valor do comercio de proximidade e dos produtos quilómetro cero, impulsando unha estratexia común na que se impliquen as comunidades locais da man dos concellos e da propia Deputación de Pontevedra.

Así, aprovéitanse todas as potencialidades dos produtos locais, culturais e turísticos destes municipios, favorecendo tanto a empregabilidade, como as visitas a estas localidades e a permanencia da veciñanza.

No marco de esta aposta, os produtos gastronómicos típicos destes municipios convértense en protagonistas.

No marco de esta aposta, os produtos gastronómicos típicos destes municipios convértense en protagonistas. / Cedida

Entre estas potencialidades, atópanse algúns produtos gastronómicos típicos destes municipios, como a lagosta da Guarda, as navallas da Illa de Arousa, o carneiro de Moraña ou a cacheira de porco de Pazos de Borbén. Incluso, todos estes produtos contan con festas gastronómicas consolidadas en Galicia: a Festa da Langosta e da cociña mariñeira, a Festa da Exaltación da Navalla, a Festa do Carneiro ao Espeto e a Festa da Cacheira.

Ademais da gastronomía, o rural pontevedrés conta con moitos máis recursos turísticos, como o Mosteiro de Santa María de Oia, as Salinas de Ulló en Vilaboa, os cruceiros de pedra e as rutas de sendeirismo do río Tea en Covelo, ou as actividades acuáticas e o enoturismo en Crecente.

Entre as festas gastronómicas consolidadas en Galicia que se podrán en valor coa campaña, atópase a Festa da Cacheira, ademais da Festa Langosta e da cociña mariñeira, a Festa da Exaltación da Navalla ou a Festa do Carneiro o Espeto.

Entre as festas gastronómicas consolidadas en Galicia que se podrán en valor coa campaña atópase a Festa da Cacheira, ademais da Festa Langosta e da cociña mariñeira, a Festa da Exaltación da Navalla ou a Festa do Carneiro ao Espeto. / Deputación de Pontevedra

Finalmente, as festas e celebracións tamén son típicas dalgunhas destas localidades rurais. Sen ir máis lonxe, en xullo atopamos o recoñecido festival de música PortAmérica, en Portas. Despois, en agosto, teñen lugar a Romaría Vikinga en Catoira ou o Festival de Folk de Fornelos de Montes.

Está claro que a oferta gastronómica, turística e de ocio destes concellos é moi ampla. Este é o motivo polo que administracións como a Deputación de Pontevedra, a través de proxectos como “Da túa man”, ven preciso poñer o foco no potencial do rural da provincia, co fin de fomentar o turismo nestes concellos, pero tamén de xerar valor e mellorar a vida dos propios habitantes do rural pontevedrés.