ENTROIDO 2024

O loro Ravachol, icona do entroido pontevedrés

Público asistente á queima do Ravachol, na edición de 2023.

Público asistente á queima do Ravachol, na edición de 2023. / Gustavo Santos

M. G.

Se hai unha figura que identifique ao entroido pontevedrés, esa é a do Ravachol.

Como cada luns, a Praza da Peregrina acollerá a presentación do mítico papagaio e a recreación da botica de don Perfecto Feijoo. Cinco días despois, durante a xornada do sábado 17 de febreiro, a cidade do Lérez despedirá o seu particular carnaval co infausto velorio do finado Ravachol. Será, como manda a tradición, na Praza da Ferraría, escenario donde se procederá á súa incineración, e na súa honra terá lugar unha sentida coroa fúnebre, cun espectáculo necrolóxico ante os asistentes, a quen a organización roga que asistan en riguroso loito. O programa completo para esta noite contempla o introito coa lectura dunha elexía para o finado; Celme, danza da morte; Saeta Val do Lérez; Incineración do loro Ravachol.

Ao remate, haberá pasacalles das comparsas Las Flores del Carnaval, Os Solfamidas, Os Retrincos,Os Paparrulos e Os 100 Tolos.