As grandes citas do Entroido en Vilagarcía
Este 2024 festexase dende o día 10 ata o 24 de febreiro
Dende os desfiles tradicionais ata xogos e música
Edicións anteriores o Entroido de Vilagarcía. / Noé Parga
Vilagarcía de Arousa xa está preparada para celebrar o Entroido 2024, e o fai desplegando un abanico de actividades que prometen levar diversión a todos os recunchos do municipio. Dende as adicadas para a cativada ata o Enterro da Sardiña, aquí deixamos o programa en detalle para que non perdas nada:
Comeza mañá sábado 10: ás 18.00 horas pistoletazo de saída co Baile Infantil no Gato Negro do Carril, con música, merenda e xogos (para socios).
O domingo 11, tamén ás18.00 horas, celebrarase o Festival de Comparsas no Auditorio, con entrada de balde ata completar aforo.
Xunto ao Gato Negro do Carril, Vilagarcía prepara unha chea de diferentes actividades
O luns 12, na Praza da Peixería e a partir das 17.00 horas, regresa o Baile infantil, con música a cargo de Duendeneta, e con obradoiros de: pintacaras, tatuaxes temporais, chapas personalizadas, disfraces, antifaces e caretas, xogos interactivos, agasallos e máis sorpresas. Todo actividades dirixidas a familias con menores a partir de tres anos.
Na xornada do martes 13, o día grande, terá lugar o tradicional Desfile de Entroido, que sairá da Rúa Alexandre Bóveda e percorrerá as rúas de Alejandro Cerecedo, Doctor Tourón, Praza de España, Edelmiro Trillo, Padre Feijoo, Praza da Independencia, San Roque, intersección Rúa Cervantes, Avda. Juan Carlos I, rematando en Ravella (Casa do Concello).
Os premios daranse a coñecer ó remate do desfile, sobre ás 20:30 h. na Praza da Peixería.
O sábado 17, ás 00.00 horas no Gato Negro do Carril, tes cita para o Baile de Piñata con Will discomóvil (para socios).
Tamén con saída dende o Gato Negro pero o domingo 18, ás 18.00 horas, temos o Enterro da Sardiña.
Por fin, o venres 23 se celebrará no Centro Social de Vilaxoán o Festival de Comparsas, e o sábado 24, na Lonxa de Vilaxoán, volveremos a enterrar a Sardiña, esta vez xa despedindo os Carnavais de 2024.