LX FESTA DO MARISCO

Concertos á beira do mar

Dentro das actividades enmarcadas na Festa do Marisco atopamos o ciclo de concertos de dez días de duración» Gratuitos, combinan bandas locais con artistas consolidados

La Casa Azul, en concerto o día 7.

La Casa Azul, en concerto o día 7. / FARO

A Festa do Marisco sempre garda un as baixo o brazo (ou baixo a pinza). Por iso, nesta edición de 2023, poderemos disfrutar á beira do mar dunha serie de actuacións musicais dende hoxe, 5 de outubro, ata o sábado 14.

E é que estes días de marisco e música, o público poderá disfrutar de forma gratuita das actuacións de case vinte grupos e artistas de traxectoria nacional e bandas locais de O Grove. Os chamados “Concertos do Marisco”_poñen a nota musical a esta Festa case dende a súa denominación como Interés Turístico Nacional no 2013.

Así, o cartel destaca nomes en negriña, coma os galegos Lontreira ou Fillas de Cassandra, os nacionais La La Love You, La Casa Azul e Sidonie e clásicos de sempre como os Celtas Cortos.

Calendario dos Concertos do Marisco

A música comeza hoxe mesmo, da man de Freshkiños, que se autodefinen coma un “jrupiño de anti-artistas in-fusión meco-soul-in-dependiente” Non pensaos que exista forma mellor de describilos, e sobre todo de inaugurar esta tempada de concertos.

Mañá venres a festa continúa coas sesións de Leïti, Dj Payc e Djow13.

Cartel de concertos da LX Festa do Marisco.

Cartel de concertos da LX Festa do Marisco. / //O GROVE

A fin de semana comeza por todo o alto coa actuación dun dos grupos que máis éxito colleita nas súas visitas ás Rías Baixas: La Casa Azul chega para vibrar coas súas melodías ecléticas. Tras o concerto, a sesión de Dj Permanente porá o broche final ao sábado 7.

O domingo 8 todo queda na casa coa actuación de Fillas de Cassandra: Tradición musical, sonidos modernos, mitoloxía grega… Así coroarán estas viguesas a priemeira fin de semana dos Concertos do Marisco.

O luns 9, Os Firrás conquistan a súa terra, sendo o único concerto do día, e dando paso a A Banda do Sequío, afincada en Pontevedra e que porá a nota musical do martes 10.

O rock máis gamberro chega o mércores 11, con Los Vagos e a actuación especial de Celtas Cortos, que pasan por O Grove nesta xira nacional onde repetirán os seus maiores éxitos.

O festivo do xoves 12, Día do Pilar, O Grove celebra a actuación do seu grupo local Cinco en Zocas, formado por cinco pandereiteiras que comezaron a tocar xuntas precisamente baixo o cartel da Festa do Marisco, e dende entón non perden ningunha cita.

Despois, a portuguesa Ana Moura deleitará ao público cos seus fados tradicionais.

O colofón final son os días 13 e 14, venres e sábado respectivamente, onde a programación acolle aos grandes nomes do cartel. O venres, o compositor multi-instrumentista galego Pablo Lesuit abrirá a cita, dando paso a Sidonie.

Sidonie é un dos grupos catalanes máis imortante dos últimos 20 anos, que conquistou o público do país dende co seu indie rock e psicodelia de Barcelona. Unha cita enmarcada nos concertos do Xacobeo e que seguro non deixará indiferente a ninguén.

Óscar Hoyos, Roberto Amor, Lydia Carré y David Merino, integrantes da banda punk pop La La Love You.

Óscar Hoyos, Roberto Amor, Lydia Carré y David Merino, integrantes da banda punk pop La La Love You. / FARO

Tras eles, Nanein DJ pechará o venres, e ben seguro que a súa veteranía ten moito que ver co éxito que se espera.

Pechamos os Concertos do Marisco co grupo galego revelación deste ano: Lontreira, que atopa un momento dentro da súa carreira para representar a España en Eurovisión, e visita O Grove como previa ao seguinte concerto, La La Love You.

Non é a primeira vez que a banda madrileña visita Galicia este verán, e xa se están a facer asiduos de todas as citas que impliquen un bó prato de marisco.

Finalmente, pecha a noite Manu TF, DJ que será el encargado de poñer o broche de ouro a un día que, ademais, será parte da primeira edición de #rollingoverogrove.

Manu TF (Manuel Turnes) é toda unha institución en Galicia e, tras tres anos de parón, regresa aos escenarios da man do Marisco do Grove.

E que non pare a festa!