“Ti es parte da cultura”: a programación da Sala Ártika para o último cuatrimestre do 2023
Vinte e cinco compañías pasarán pola sala, situada na rúa Beiramar en Vigo, que traerán á cidade 41 representacións de teatro para público xuvenil, familiar e adulto
![A Panadaría volve con “As que limpan”, despois de colgar o cartaz de entradas esgotadas na Sala Ártika na edición anterior](https://estaticos-cdn.prensaiberica.es/clip/31ceadf3-5876-4fed-a5c2-8106aa5d1b13_16-9-discover-aspect-ratio_default_0.jpg)
A Panadaría volve con “As que limpan”, despois de colgar o cartaz de entradas esgotadas na Sala Ártika na edición anterior / Cedida
O XXI Circuíto de Creación Escénica Contemporáneaorganizado pola Rede de Teatros alternativos, será o encargado de comezar esta nova tempada. Un circuíto ideado co obxectivo de facilitar a xira de compañías polas salas alternativas asociadas, sendo Ártika o único espazo en Galicia que acolle este tipo de propostas escénicas.
Nesta ocasión achegarán aos espectadores galegos o espectáculo familiar “Bianco” de Labú Teatre, a aventura poética “Ellos y yo o esa sensación de que los árboles te miran” de Jordi Font (que combina o teatro de obxectos co video mapping), e o espectáculo de danza para bebés “Mímesis” de ZigZag danza.
![O 24 de decembro ás 12:00h; “Feo!” de Caramuxo teatro.](https://estaticos-cdn.prensaiberica.es/clip/176e46b6-61ae-42aa-a80c-2568da22b5f4_alta-libre-aspect-ratio_default_0.jpg)
O 24 de decembro ás 12:00h; “Feo!” de Caramuxo teatro. / Cedida
Comedia e danza para todos os públicos
Do 7 de outubro ao 19 de novembro, terá lugar o IV Festival Comediártiko. Diferentes espectáculos coa comedia como nexo de unión que se darán cita na Sala Ártika.
“Como ser superwoman y no morir en el intento” de Impulso teatro, “Curva España” de Chévere, “Inestable” de Sutottos y “Tres cosas” de Sala Cero Teatro, farán rir a gargalladas ao público adulto, mentres que a compañía Arbolé e Compañía Off con “La biblioteca imaginaria” e “ Hechizados” farán as delicias dos máis pequenos.
Completan o cartaz A Panadaría, que volven coa súa última produción “As que limpan”, despois de colgar o cartaz de entradas esgotadas nas 6 funcións que fixeron na Sala Ártika na edición anterior.
!["Hechizados" fará as delicias dos máis pequenos.](https://estaticos-cdn.prensaiberica.es/clip/55f54484-34de-4e98-9274-9397815915b3_alta-libre-aspect-ratio_default_0.jpg)
"Hechizados" fará as delicias dos máis pequenos. / Cedida
Os máis pequenos e pequenas da casa seguen tendo un espazo destacado na programación do segundo semestre do ano. O IX Festival Pequeártiko de Nadal, que terá lugar do 22 ao 31 de Decembro e que conta cada vez cunha mellor acollida, tanto entre as compañías que presentan os seus espectáculos para participar nel como entre o público asistente.
As entradas poden ser adquiridas na propia web de sala ou na billeteira o propio día da función
Como novidade, este ano presentamos una programación extendida no espazo OFF da Sala Ártika con tres espectáculos que terán cita no ambigú: “Anacos” de Ítaca Teatro, “Narracións imprevistas. Literatura repentina” de Jorge de Arcos e Santi Prego e “Marcho que teño que marchar” de Bea Campos.
Completan a programación os espectáculos de danza “Un momento oportuno” de Provisional Danza e “O raro é que bailar sexa raro” de Vacaburra.
Calendario de eventos en Ártika
XXI Circuíto de la Red de teatros alternativos:
- Domingo 24 de setembro ás 12:00h e as 18:00h ; “ Bianco” de Labú Teatre (Cataluña)
- Venres 29 e sábado 30 de setembro ás 20:00h; “Ellos y yo o esa sensación de que los árboles te miran” da Compañía Jordi Font (Cataluña)
- Domingo 01 de outubro ás 17:00h e ás 18:30h; “Mímesis” de Zig Zag Danza (Asturias)
![O espectáculo familiar “Bianco” de Labú Teatre.](https://estaticos-cdn.prensaiberica.es/clip/4926bb7c-cc0c-4556-a9b7-4dfd3b531ef8_alta-libre-aspect-ratio_default_0.jpg)
O espectáculo familiar “Bianco” de Labú Teatre. / Marc Vila
Festival Comediártiko
- Sábado 07 e domingo 08 de outubro ás 20:00h; “Como ser superwoman y no morir en el intento” de Impulso Teatral (Madrid)
- Sábado 14 e domingo 15 de outubro ás 20:00h; “ Curva España” de Chévere (Galicia)
- Sábado 21 de outubro ás 20:00h; “Anacos” de Ítaca Teatro (Galicia) dentro da programación Off no ambigú da Sala Ártika.
- Sábado 21 e domingo 22 de outubro ás 18:00h; “Hechizados” de Off Compañía (Comunidade Valenciana)
- Sábado 28 e domingo 29 de outubro ás 20:00h; “Inestable” de Sutottos (Arxentina)
- Sábado 04 de novembro ás 20:00h; “ Marcho que teño que marchar” de Inventi teatro (Galicia) dentro da programación Off no ambigú da Sala Ártika.
- Sábado 04 e domingo 05 de novembro ás 18:00h; “La biblioteca imaginaria” de Teatro Arbolé (Aragón).
- Sábado 11 e domingo 12 de novembro ás 20:00h; “Tres cosas” de Sala Cero Teatro (Andalucía)
![Vinte e cinco compañías pasarán pola sala situada na rúa Beiramar en Vigo.](https://estaticos-cdn.prensaiberica.es/clip/0d2fb410-01c7-4987-8c65-93dcce303100_alta-libre-aspect-ratio_default_0.jpg)
Vinte e cinco compañías pasarán pola sala situada na rúa Beiramar en Vigo. / Cedida
- Sábado 18 e domingo 19 de novembro ás 20:00h; “As que limpan” de A panadaría (Galicia)
- Sábado 25 de novembro ás 20:00h ; “Narracións imprevistas. Literatura repentina” de Santi Prego e Jorge de Arcos (Galicia) dentro da programación Off no ambigú da Sala Ártika.
- Sábado 25 e domingo 26 de novembro ás 18:00h; “Colors” de Estudi Zero Teatre (Illas Baleares)
- Sábado 02 e domingo 03 de decembro ás 20:00h; “ Un momento oportuno” de Provisional Danza (Madrid)
- Sábado 16 e domingo 17 de decembro ás 20:00h; “ O raro é que bailar sexa raro” de CÍA Vacaburra (Galicia)
Festival Pequeártiko de Nadal
- Venres 22 de decembro ás 18:00h; “Molly y el gigante” de La Machina teatro (Comunidade Valenciana)
- Sábado 23 de decembro ás 12:00h e ás 18:00h; “Tras los pasos de Peter Pan” de Teatre de La Caixeta (Comunidade Valenciana)
- Domingo 24 de decembro ás 12:00h; “Feo!” de Caramuxo teatro (Galicia)
- Martes 26 de decembro ás 18:00h; “A verdadeira historia dos tres porquiños e o lobo feroz” de Teatro del Andamio (Galicia)
![O 30 de decembro, dobre pase de “Burbuja”, de Títeres sin cabeza](https://estaticos-cdn.prensaiberica.es/clip/b16db47a-e408-4080-a6c8-f32471a9d904_alta-libre-aspect-ratio_default_0.jpg)
O 30 de decembro, dobre pase de “Burbuja”, de Títeres sin cabeza / Cedida
- Mércores 27 de decembro ás 18:00h; “O xardín de Vila Gris” de Fulano, Mengano e Citano (Galicia)
- Xoves 28 de decembro ás 18:00h; “Superchica” de Bambalúa teatro ( Castela e León)
- Venres 29 de decembro ás 17:00h e ás 19:00h; “Aupapá” de ZigZag danza (Asturias)
- Sábado 30 de decembro ás 17:00h e ás 19:00h; “Burbuja” de Títeres sin cabeza ( Aragón)
- Domingo 31 de decembro ás 12:00h “A nena e os tres osos” de Migallas Teatro (Galicia)
Entradas á venta na páxina web da Sala Ártika
O prezo das entradas para os espectáculos de público adulto é de 14€ en taquilla ou 10€ + gastos de xestión es entradas anticipadas.
Para os espectáculos para público familiar, o prezo da entrada é de 10€ en taquilla ou de 8€+ gastos de xestión en entradas anticipadas.
- Máxima alerta de la Policía Nacional por el mensaje que está llegando a los móviles de miles de personas
- Una belleza de armas tomar
- Un nutricionista desvela qué es lo primero que le quita a los pacientes que quieren adelgazar
- Uno de los dos tripulantes gallegos desaparecidos sobrevivió al secuestro del atunero Alakrana del 2009
- El abandono no entiende de razas ni de dinero: mascotas que valen miles de euros llegan a A Madroa
- Condenan a dos años y medio de prisión al maquinista del Alvia y al exdirector de Seguridad de ADIF por el accidente de Angrois
- La familia del vigués que murió tras el concierto de Karol G anuncia denuncia: 'No hubo forcejeo ni pelea
- Mujer de más de 45 y sola busca ayuda