inauguración

Tradición e modernidade no centro da Estrada

A Lacena de Chucha abría as súas portas hai un mes, en pleno corazón estradense, cunha novedosa proposta hostaleira que está a facer as delicias de veciños, veciñas e visitantes

O novo establecemento conta cunha ampla terraza para disfrutar dos almorzos saludables ao aire libre.

O novo establecemento conta cunha ampla terraza para disfrutar dos almorzos saludables ao aire libre. / Cedida

Moncho González

Panadería artesá, almorzos, “brunchs” e sobre todo moito agarimo, son os ingredientes cos que A Lacena de Chucha, ou A Chucha -como lle chaman cariñosamente tanto os propietarios como clientes e amigos- botaba a andar hai pouco máis dun mes, en pleno corazón de A Estrada, concretamente na rúa Calvo Sotelo.

Miguel Areán e Ramiro Cillero son artífices desta idea que tan boa acollida está a ter na capital estradense, despois de que Areán lle propuxera ao seu socio a idea de poñer en marcha o proxecto. 

» Calvo Sotelo 11 bajo, local 3, 36680 A Estrada » Telf.: 606 33 36 92

No local destacan os almorzos saudables con múltiples opcións entre doces e salgados, e apostando polo café de calidade da man de Mocay, manteigas de primeiro nivel, tostas de todo tipo, gofres, boles de iogur ou froita... “quixemos apostar nun principio polo mundo do pan, pero a idea foi evolucionando e todo derivou en algo mellor e mais grande” aseguraba Areán o día da apertura.

As elaboracións doces son outra das súas propostas.

As elaboracións doces son outra das súas propostas. / Cedida

”Por unha banda temos panadería e por outro almorzos, brunch ou cafetería-bar ao uso, apostando tamén por recuperar os vermús do domingo” comenta Cillero. Sen dúbida, unha alternativa que se está a converter en referencia no centro neurálxico e comercial de A Estrada.

O horario de apertura é os luns e martes de 07:00 a 15:00 horas, os mércores e xoves de 07:00 a 21:00, os venres de 07:00 a 22:00, os sábados de 09:00 a 22:00 e os domingos de 09:00 a 15:00.

Unha das tostas elaboradas pola cociña da Lacena de Chucha.

Unha das tostas elaboradas pola cociña da Lacena de Chucha. / Cedida

Homenaxe a Chucha, a Marina, e a todas as nais

A idea inicial do negocio foi de Miguel, quen lle propuxo ao seu amigo e empresario Ramiro Cillero un proxecto, un local, e un nome. “O nome foi a base do proxecto. Chucha é a miña nai, unha persoa que foi cociñeira e sempre estivo entre cacerolas, e que tamén é quen sae no logotipo do negocio. Queremos darlle ao noso local o toque tradicional das nosas nais e avoas, como unha forma de homenaxe a todas elas, en especial á propia Chucha e a Marina, a nai de Ramiro” explica Areán.