Este ano, a cita está organizada pola asociación “A defensa da Vila”, en colaboración co Concello de Cangas, que buscará a conmemoración destes actos da historia, reais, pero dramáticos, para poñer en valor todo lo que ocurriu na vila a principios dos século XVII.

A historia

Os berberiscos, tras saquear o mediterráneo apoiados polos ingleses e holandeses na súa cruzada contra a coroa española, chegan as costas de Galicia. En decembro de 1617 tratan de atacar Vigo, pero tras fracasar, poñen rumbo a Cangas, vila que quedou desatendida e non recibiu axuda dos exercitos veciños.

Deste modo, o horror conquistou a localidade, quedando completamente arrasada e perdendo ¾ partes da súa poboación e sumida nunha grande pobreza.

Tras catro anos de fame e miseria, entra nesta historia a viúva María Soliño. Ela, acompañada doutras mulleres que tamén sufriran as consecuencias emocionais da invasión turca, mantiña un capital e unhas riquezas que espertaron envexas entre a fidalguía.

Quixeron quitarlle os dereitos de representación que tiña en varias igrexas, e para conseguilo foi acusada de bruxa.

María Soliña foi acusada antre o tribunal da Inquisición de Galiza, con sede en Santiago, e viuse recluída no cárcere de Cangas durante anos, mentres os seus bens quedaban secuestrados. Baixo inhumanas torturas conseguiron que se declarase como bruxa.

María Soliña foi votada polo tribunal a in conspectu tormentorum no ano 1622. Por mor das torturas, seguiu autoinculpándose dos cargos, e finalmente votaron para que fose reconciliada en forma e confiscación de bens. Foi sentenciada a levar o sambenito penitencial tan só durante medio ano máis, pero morreu antes de ser levada ao auto de fe.

Representación do ataque dos turco-berberiscos a Cangas. Cedida

A programación

Máis de 100 actuantes, caracterizados e vestidos de época, participarán na tradicional recreasión da invasión berberisca á vila. Unha dramatización que correrá a cargo da compañía Teatro de Ningures, quen tamén se encargará do pregón o venres 7 as 19 horas, e representará O Aquelarre as 21:30h.

Así dende o venres realizaránse polas rúas todo tipo de demostracións de oficios históricos, como alfarería, cestería ou redeiras.

A programación destas xornadas tamén inclúe aos mais cativos, con xogos de temática de época, na praza de abastos.

Representación de María Soliña

O día grande é, sen dúbida, o domingo 9. Comeza pola mañá, as 10 e media, cunha ruta guiada baixo o nome de "Cangas 1617, outro punto de vista" (previa inscripción en whatsapp no 611080853).

Os emplazamentos de Cangas onde se representará a historia de María Soliña. Cedida

Pero o grande evento será a representación teatral das 18:30, "A defensa da vila. María Soliña", o piar onde se asenta a conmemoración histórica e que, dende o Concello de Cangas, se intenta consolidar para poñer en valor esta parte tan importante da súa historia.

Que relación ten o ataque turco con María Soliña? Por que a acusaron de bruxería? Foi quemada na fogueira?

Unha historia triste que cautiva a todo aquel que acude á representación.

Representación do martirio que viviu María Soliña Diego Seixo

Feira dos Invasores

Ademáis das recreacións históricas, esta fin de semana visitantes e veciños poden pasarse pola Feira dos Invasores.

Impulsada por diferentes iniciativas e diversos grupos de traballo, é unha Feira con degustación de tapas, concursos de decoración e vestiario, actividades infantís e unha mostra de artesanía nos Xardíns de Soage.

A noria infantil ubicada na Feira dos Invasores. Cedida

Este ano, ademáis, aterrizan na Feira dos Invasores varias atraccións para o disfrute dos máis pequenos: unha noria de madeira movida polos monitores acompañantes, un barco de madeira (en terra firme) e unha noria infantil.