A comunidade da ‘choiva’ blíndase fronte á seca

A Estratexia Auga Profesional da Xunta de Galicia contempla máis de doce accións para facer fronte ao cambio climático e protexer os nosos recursos hídricos

EDAR de Os Praceres en Pontevedra tras as obras de mellora.


EDAR de Os Praceres en Pontevedra tras as obras de mellora.
 / Xunta de Galicia

M.B

“Se chove que chova”. Aos galegos non nos preocupan as precipitacións, pero o que non sabemos é que sería de nós sen elas.Ningunha comunidade se libra do cambio climático, nin sequera a nosa, tan verde, tan húmida e tan preguizosa dos seus ríos, fontes e fervenzas, pero onde os fenómenos meteorolóxicos adversos están a afectar tamén a cantidade e calidade dos recursos hídricos

Aínda que custe crelo, contamos xa varios veráns de seca e incluso cortes de suministro nalgúns municipios. A escaseza é un dos principais desafíos da xestión da auga en Galicia, pero non a única: o mantemento da súa calidade, a xestión dos riscos de inundacións ou o saneamento, abastecemento e depuración dos recursos hídricos debuxan tamén como necesaria e irrenunciable unha estratexia integral na xestión de todo o ciclo da auga, coa implementación de medidas de eficiencia, que promovan ademais un uso máis responsable da auga, tanto no ámbito doméstico como na industria e na agricultura. 

Un tramo do río Umia.

Un tramo do río Umia. / FDV

A Xunta é consciente de que esta profesionalización da xestión da auga é unha panca de cambio clave para o futuro de todos os galegos e de que optimizar os servizos que prestan as administracións contribuirá a incrementar a garantía das reservas de auga para as xeracións futuras no contexto de cambio climático no que estamos inmersos, ademais de axudar á protección dos ecosistemas acuáticos.

Por iso está a impulsar a Estratexia Auga Profesional para a creación dun ecosistema profesional da xestión da auga baseado na participación, na información e na colaboración como elementos claves para acadar a profesionalización da auga e para desenvolver solucións integrais que promovan a conservación do medio hídrico, o uso eficiente da auga e a protección dos recursos hídricos.

Acadar unha auga profesional é un dos principais obxectivos para os que foi concibida a Lei de mellora da xestión do ciclo integral da auga impulsada pola Xunta e que entrou en vigor en setembro do pasado ano. Unha lei que ten como principal obxectivo axudar aos concellos nas súas competencias de saneamento, abastecemento e depuración de cara acadar unha xestión máis profesionalizada dos servizos da auga.  

Promover un sector profesional de xestores da auga con sólida formación e con habilidades suficientes para aproveitar as vantaxes tecnolóxicas que se desenvolven é un desafío que unha administración responsable como Augas de Galicia ten que abordar, como aval para ofrecer aos galegos do presente e do futuro un modelo de xestión de auga sostible e acorde ás súas necesidades. 

[object Object]
  • Os retos: A escaseza da auga é un dos principais desafíos da xestión deste recurso en Galicia. O cambio climático e o aumento da demanda poñen en risco a dispoñibilidade futura. Por elo, resulta fundamental implementar medidas de xestión eficientes e promover o uso responsable da auga. Tamén a calidade da auga require dunha monitorización constante e a implementación de tecnoloxías avanzadas de tratamento para garantir a calidade da auga e preservar os ecosistemas acuáticos.
  • O obxectivo: A profesionalización da xestión da auga será unha panca de cambio para mellor a calidade de vida dos galegos, optimizando os servizos que prestan as administracións, contribuirá a incrementar a garantía das reservas de auga para as xeracións futuras e protexerá os ecosistemas acuáticos. A formación, o coñecemento, a participación e a colaboración serán clave para desenvolver solucións integrais que promovan o uso eficiente da auga e a protección dos recursos hídricos.
  • Os valores: Os valores de respecto polo medio ambiente, responsabilidade no uso e conservación dos recursos hídricos, equidade no acceso á auga, transparencia na toma de decisións, cidadanía activa e responsable, convivencia pacífica e fomento da cohesión  social, integridade, confidencialidade e disponibilidade da información e protección da privacidade están presentes de xeito transversal en toda a Estratexia. 
  • As accións: A estratexia recolle máis dunha ducia de accións de impacto para a profesionalización da Auga en Galicia, entre as que destacan a creación dunha Escola da auga, medidas de sensibilización e divulgación, normativa técnica para mellorar a xestión, dixitalización en sistemas municipais ou a creación dun centro de xestión de datos da auga, entre outras. 

Unha Escola da Auga pola formación continua

A Escola da Auga contará cun plan de formación continua orientado a persoal técnico e crearase un centro de xestión de datos da auga

Deste xeito o recolle a Estratexia Auga Profesional nun documento no que se contempla máis dunha ducia de medidas encamiñadas a seguir mellorando a profesionalización da xestión da auga baixo os valores de respecto polo medio ambiente, responsabilidade no uso; conservación dos recursos hídricos; equidade no acceso á auga ou transparencia na toma de decisións.

Neste marco destaca a creación dunha Escola da Auga, entendida como un marco de formación continua e específica en materia de augas que contará cun plan orientado a persoal técnico de concellos, empresas xestoras, enxeñerías, comunidades de usuarios, etc., co obxectivo de mellorar a xestión do ciclo integral da auga. 

Tamén se preparará material didáctico específico e impartiranse cursos de formación orientados ás necesidades concretas de cada un dos sectores. Esta Escola da Auga terá presente ás comunidades de usuarios, de tal xeito que apoiándose nos principais colectivos existentes, establecerase un marco de colaboración para fomentar a formación dos comuneiros.

Cidadanía activa e responsable

Ademais, a Xunta tamén está a impulsar iniciativas de participación cidadá e de divulgación e concienciación, por exemplo, coa convocatorias de axudas enfocadas a asociacións relacionadas coa educación ambiental para fomentar o desenvolvemento dun programa para a sustentabilidade dos ríos. 

Este programa para unha cidadanía activa e responsable complétase con outras accións específicas de difusión, divulgación e sensibilización en materia de augas, enfocadas a que toda a sociedade sexa partícipe da importancia deste recurso e da súa boa xestión; e, ademais, tamén se desenvolverán ferramentas específicas para facilitar a interacción da cidadanía coa Administración Hidráulica de Galicia, de xeito que se facilite o acceso de todos os usuarios á información e aos procedementos que lles afectan.

Como non podía ser doutro xeito, a estratexia concede un papel clave ás novas tecnoloxías á hora de lograr un sistema de auga de calidade e eficiente e, neste senso, contempla un decidido impulso á dixitalización dos sistemas de abastecemento municipais e ao deseño de Estacións de Medición e Rexistro acordes ás necesidades das entidades locais.

Ferramentas de dixitalización para os Concellos

Nesta liña, a Xunta prevé tamén o deseño, implantación e a posta en marcha dunha Plataforma de xestión de datos da auga para recibir e xestionar a información recibida das administracións responsables da xestión do ciclo integral da auga.

A visualización en tempo real de información sobre o uso dos recursos hídricos e a xeración de informes temáticos proporcionará á Administración Hidráulica unha maior supervisión e control do uso da auga.

Ademais, os diferentes axentes involucrados na xestión da auga poderán contar con información e parámetros relevantes para o funcionamento das redes, identificar puntos críticos no abastecemento, valorar a eficiencia no uso do recurso, propoñer obxectivos e actuacións en aras de mellorar a operación e calidade dos servizos así como a eficiencia no uso dos recursos hídricos.