Dende hoxe e ata o próximo martes 27, Lalín celebra as súas festas das Dores 2022 cunha variada programación, pensada para todos os públicos e que, según declaracións do rexidor local, Xosé Crespo, serán “unhas das mellores festas da historia”.

A comisión deste ano, encabezada por Inés Reboredo, traballou arreo para conseguir sacar adiante un programa no que destaca unha grande aposta polas orquestras e as agrupacións tradicionais do concello. Os actos comezarán esta mesma noite coa Carreira Solidaria nocturna das Festas de Lalín, e tamén terán lugar as actuacións do grupo de gaitas Os Xuncos e a Charanga KM0. Xa pola noite, a verbena estará amenizada polo grupo Milladoiro e a orquestra América de Vigo.

Na xornada do sábado, veciños e veciñas de Lalín poderán disfrutar da celebración co acompañamento musical de Os Dezas de Moneixas, A Lira de Prado e a Charanga Ardores. As actuacións nocturnas correrán a cargo de Finisterre e Top Líder. 

O día grande das festas será o domingo, que arrincará ás 12.00 horas coa misa solemne en honor á Virxe das Dores, cantada pola Coral Polifónica de Lalín. A música da xornada dominical correrá a cargo da agrupación Carballo da Manteiga, a Banda de Lalín e a Charanga Verbeneros. Na verbena actuarán Panamá y Cinema.

A principal protagonista na xornada do luns 26 será a música, coas actuacións de A Carballeira de Cercio, a Banda de Vilatuxe e a Charanga Leña Verde, así como as verbenas das orquestras Olympus e Panorama. Como fin de festa, para o martes está previsto o espectáculo do grupo Os Trasnos de Doade e Carballo de Manteiga. A derradeira verbena destas festas correrá a cargo de dúas das formacións máis recoñecidas e seguidas da actualidade, como son o Combo Dominicano e París de Noia.

As diferentes orquestras ofrecerán un pase único de duas horas e tres cuartos de duración. Deste xeito, ao ubicarse en diferentes emprazamentos, a xente non terá que desprazarse varias veces na mesma noite para poder presenciar todos os concertos. En total, serán cinco os escenarios que acollan as diferentes actuacións musicais. Así, o Campo da Feira Vello será o escenario elexido para catro orquestras, mentres que outras duas e o grupo Milladoiro tocarán na Praza da Igrexa. O resto, farano entre a Fonte dos Cabalos, a Estacióne a rúa Nuno Eanes de Cercio.

Non faltarán tampouco as actividades para os máis cativos, así como as agardadas atraccións de feira. Desta volta, un total de 53 barracas, atraccións ou puntos de degustación encherán unha ano máis a urbanización do Regueiriño -cortada ao tráfico rodado dende o pasado mércores e ata o vindeiro día 29- para deleite de pequenos e maiores.

Epicentro da verbena galega

Olympus, Panorama, París de Noia, Cinema e o Combo Dominicano, xunto con Top Líder e América de Vigo. Ao marxe dos pasarrúas e os concertos das diferentes charangas, bandas de música e outras agrupacións folclóricas locais, a programación deste ano aposta polo enorme éxito de convocatoria que teñen as mellores orquestras do panorama actual en Galicia, que se darán cita estos días na cabeceira comarcal dezá no marco das festas de As Dores de Lalín.

Despois de dous duros anos marcados polas limitacións de aforo e as cancelacións de todo tipo de festas e festivais por mor da COVID-19, as orquestras parecen estar a recuperar neste 2022 o seu pulso nas noites de festa en Galicia. A pesar de que a crise sanitaria puxo en perigo a supervivencia de moitas delas, durante este verán non houbo unha fin de semana -e mesmo entresemana- na que non puideramos disfrutar dalgunha verbena coas mellores agrupacións da nosa comunidade.

As Dores 2022 será o broche de ouro na xira de moitas destas agrupacións, e seguro que o seu espectáculo non defraudará aos milleiros de veciñas, veciños e visitantes que se acheguen a Lalín durante esta longa fin de semana.

José Cuñarro cos membros da comisión de festas, encabezada por Inés Reboredo. FDV

Programa de festas

Venres, 23

19.45 h: Pasarrúas a cargo da Charanga KM0.

22.00 h: Carreira Nocturna Solidaria das Festas de Lalín. A beneficio da Cruz Vermella. 20.00 horas saída de escolares e adultos dende o KM0. 21.20 horas entrega de premios no mesmo punto.

21.00 h: Pasarrúas a cargo de Os Xuncos. 

21.30 h: Pregón a cargo de Xoan Carlos García Porral e lanzamento do chupinazo: bouquet de bombas de palenque. 

22.30 h: Concerto na Praza da Igrexa de Milladoiro. 

00.00 h: Gran verbena amenizada pola orquestra América de Vigo. 

Sábado, 24

10.00 h: Disparo de bombas. 

10.30 h: Pasarrúas coa Banda de Gaitas Os Dezas de Moneixas. 

12.00 h: Pasarrúas coa Banda A Lira de Prado. 

13.00 h: Concerto na Praza da Vila a cargo da Banda A Lira de Prado. 

18.00 h: Actividades infantís. A Xanela do Maxín, cun espectáculo de títeres e cientia “Toupiciencia”, na Praza do Concello. 

20.00 h: Concerto na Praza da Vila da Banda A Lira de Prado. 

21.30 h: Concerto na Avenida Luis González Taboada da Charanga Ardores.

22.00 h: Disparo de bombas. 

22.30 h: Verbena na Praza da Igrexa coa Orquestra Finisterre. 

01.30 h: Verbena no Campo da Feira con Top Líder. 

Domingo, 25

10.00 h: Disparo de bombas. 

10.00 h: Pasarrúas coa agrupación Carballo da Manteiga.

12.00 h: Misa solemne co acompañamento da Coral Polifónica de Lalín. Tradicional ofrenda á Virxe das Dores. 

12.30 h: Procesión da Virxe das Dores acompañada pola Banda Escola Naval de Marín. 

13.00 h: Disparo de bombas. 

13.30 h: Concerto xunto á estatua de Loriga da Banda da Escola Naval de Marín. 

17.00 h: Pasarrúas da Charanga Verbeneros.

18.00 h: Actividades infantís. Tranvía Leonardo, de Ignacio Vilariño, na Praza do Concello. 

19.00 h: Masterclass de zumba a cargo de Angy Dance na Praza do Concello. 

20.30 h: Concerto na estatua de Lorica coa Banda de Música de Lalín e o seu espectáculo “Rebobinando”.

21.30 h: Verbena na Rúa Nuno Eanes de Cercio coa Orquestra Panamá. 

00.00 h: Concurso pirotécnico na Rolda Leste. 

00.30 h: Gran verbena no Campo da Feira coa Orquestra Cinema.

Luns, 26

10.00 h: Disparo de bombas. 

10.30 h: Pasarrúas coa agrupación Carballeira de Cercio.

12.00 h: Pasarrúas a cargo da Charanga Leña Verde. 

13.00 h: Concerto na Praza da Vila coa Nova Banda de Vilatuxe.

17.00 h: Rugby nas rúas no entorno do KM0 a cargo do Clube de Rugby Coreti Lalín. 

18.00 h: Concerto didáctico “Falando a música” de Pablo Carpintero, na Praza do Concello. 

18.30 h: Concerto na Praza da Igrexa da Charanga Leña Verde.

20.00 h: Concerto na Praza da Vila a cargo da Nova Banda de Vilatuxe.

22.00 h: Verbena na Estación de Autobuses coa Orquestra Olympus.

01.00 h: Gran Verbena no Campo da Feira coa Orquestra Panorama.

De 20.00 ata as 03.00 h: Stand Agresión Off na Praza da Igrexa. 

Martes, 27

10.00 h: Disparo de bombas. 

10.30 h: Pasarrúas a cargo dos Trasnos de Doade.

12.00 h: Pasarrúas coa Banda de música de Muimenta.

13.00 h: Concerto da Banda de Música de Muimenta na Praza da Vila.

17.00 h: Pasarrúas de Carballo da Manteiga.

17.00 h: Espectáculo de maxia solidario a cargo de José García García na Praza do Concello.

18.00 h: Actividades infantís. Migallas Teatro presenta “Petiscos de Lingua”, na PRaza do Concello.

20.00 h: Concerto na Praza da Vila da Banda de Música de Muimenta.

21.45 h: Sorteo presencial dunha viaxe ao Caribe na Praza da Igrexa.

22.00 h: Disparo de bombas. 

22.00 h: Verbena a cargo de Combo Dominicano, na Praza da Igrexa.

00.30 h: Verbena no Camnpo da Feira con París de Noia.

*En caso de choiva,

haberá unha carpa no Campo

da Feira para todas as actuacións.