Neste curso, no que se cumpren 40 anos dende a inauguración do IES Plurilingüe Antón Losada Diéguez, o centro continúa a potenciar a súa aposta pola Formación Profesional. A previsión para o que ven ampliará aínda máis as modalidades que o alumnado da comarca poderá cursar no instituto. Así no curso 2021-2022 ofertaranse tres ciclos de FP básica, catro ciclos de grao medio e tres de grao superior. A FP dual tamén verá ampliada a súa oferta formativa, coa incorporación de dous novos ciclos formativos nesta modalidade.

Más info: Rúa da Cultura, 2 - A Estrada. Teléfono 886151924
ies.losada.dieguez@edu.xunta.es Cedida

Familia de Madeira. Compromiso coa realidade económica da comarca

Ademais do ciclo básico, ofértase de novo o CM Carpintaría e moble, no que o alumnado e profesorado ven traballando sempre con criterios de excelencia, e polo cal leva recibidos varios premios de innovación. Este ano ofertouse tamen, na modalidade de FP dual, o CM Instalacións e amoblamento, a través dun convenio coa empresa Martínez Otero Contract, que está permitindo unha formación de calidade do alumnado. Esta FP dual ofertarase de novo no vindeiro curso, mediante un convenio con cinco empresas de prestixio da comarca. 

Familia de Informática. Innovación e aposta polas novas tecnoloxías

Xunto co ciclo básico de Informática de oficina, o alumnado pode facer estudos do CM de Sistemas microinformáticos e redes, nunhas aulas e talleres excelentemente dotados para a aprendizaxe. Este ano ofertouse, con grande acollida, o CS Desenvolvemento de aplicacións multiplataforma, que se volverá a ofrecer o próximo curso. Como novidade estará dispoñible o CS Administración de sistemas informáticos en rede, na modalidade de FP dual, mediante convenio coa empresa Ozona Consulting, S.L. 

Familia de Administración e xestión. Formación de calidade contrastada

A FP básica de Informática de oficina, xa citada, compleméntase coa oferta do CS Administración e Finanzas, que cada curso acolle a un bo número de estudantes interesados nesta formación. A mellora das aulas e talleres destinados á familia redunda na mellora da calidade da formación ofertada.

Familia de Automoción. Formación actualizada e adaptada ás novas tecnoloxías

Tamén ofrece a Formación Profesional básica, neste caso o CB Mantemento de Vehículos. O CM Electromecánica de vehículos automóbiles, un dos estandartes históricos da oferta formativa do Losada, continuará no curso que ven na completa oferta do centro educativo estradense.

http://www.edu.xunta.gal/centros/ieslosadadieguez/