"Ás veces, ás veces buscamos lonxe o abrazo que temos preto; valoramos máis o que fan os de fóra que o talento dos que nos rodean, impórtanos máis o que di un descoñecido que a mirada cómplice dun amigo; gozamos pouco o que xa temos e valoramos máis o que nos falta. Pero só ás veces porque sabemos que temos de todo, sen ir máis lonxe. Agora, máis que nunca, coidemos ao pequeno comercio, ao de proximidade, aos que mellor nos coñecen, saben o teu nome, o que che gusta e o que non. Eles estiveron sempre con nós, é o momento de estar con eles, sen ir máis lonxe

Esta é a mensaxe coa que O Grupo de Desenvolvemenro Rural Limia Arnoia quere impulsar a aposta polo comercio local entre os habitantes dos 25 concellos que o compoñen a través dunha potente campaña. Articulada nas semanas de confinamento, a iniciativa lanza agora unha mensaxe de confianza e apoio ao comercio local: "Eles estiveron sempre con nós, é o momento de estar con eles", sinala Sindo Lamas, presidente do GDR.

Unha campaña que inclúe vídeos de concienciación, accións de merchandisinga través dos hashtags #SenIrMáisLonxe en Facebook e #compra_senirmaislonxe para hashtagsInstagram. Todo elo co fin de reivindicar que "entre todos/todas podemos ofertar un mellor produto e/ou servizo. O lema de campaña, "Sen ir máis lonxe", pretende decirnos: Merca no teu concello, sen ir máis lonxe, merca no concello máis próximo, merca na comarca... é dicir, busca preto o que precises. Pois todo o que precisas está sen ir máis lonxe", explican dende o GDR, e engaden: "A mensaxe é clara, todo o que precisamos témolo ao lado, no noso concello ou nun concello próximo".

Unha aposta da que se destaca tamén a implicación de varias comarcas, do traballo conxunto por un obxectivo común: "Poñer en valor ao comercio e a hostelería local como eixos imprescindibles na economía do noso territorios, que o Covid-19 puxo a proba. Se somos capaces de manter a estrutura económica local, somos capaces de manter con vida as áreas rurais. É unha oportunidade na que todos e todas podemos colaborar".

Todos podemos axudar

"Para os que viven no GDR, para os que veñen de fin de semana, para os que teñen unha casa, para os que veñen pasear... Todos e todas podemos botar unha man ao amigo/a, ao familiar, aos compañeiro/a que ten un negocio, apoiemos ao pequeno comercio", explican os promotores da campaña, que mostra a unión de varias comarcas, concellos e comerciantes e hosteleiros cunha mesma mensaxe, Comarcas de Allariz_Maceda, Terras de Celanova, A Limia e a Baixa Limia: "Merca no teu concello, sen ir máis lonxe".

Así e co obxectivo de contribuír a mellora económica post-Covid no comercio destas localidades e mellorar a concienciación social sobre a importancia de mercar nas localidades pequenas, "Sen ir máis lonxe" ven de por en marcha distintas iniciativas que inclúen varios vídeos promocionais así como distintos sorteos e premios, con cartaces, vinilos e pegatinas co logo para todos os comercios do gdr 10.

Apoia o local e gaña

A campaña rematará cun sorteo de 58 bonos para gastar no territorio, por un valor total de 10.500 € en premios. Poderán concorrer ao sorteo todas as persoas con compras superiores a 40 € nos establecementos de comercio ao por menor e hostalería do territorio do GDR, que se levará a cabo o día 11 de setembro. Ademais, "Sen ir máis lonxe" contempla tamén un concurso para os menores de 28 anos con contido gráfico, vídeo, foto, canción, poema... e dotado cun total de 1000 euros reapartidos en cinco premios. As bases xa poden consultarse en: http://www.senirmaislonxe.gal/.

Para saber máis: www.senirmaislonxe.gal